Foi construído a finais do século XVI como mosteirobeneditino (Mosteiro de S. Bento da Saúde).[1] Ao longo dos séculos XIX e XX sufriu unha serie de remodelacións interiores e exteriores ata convertelo practicamente nun novo edificio. O interior está repleto de obras de arte de distintas épocas da historia de Portugal.
Segundo a denominación oficial do parlamento, o edificio tivo varias denominacións: Palácio das Cortes, Palácio do Congresso e Palácio da Assembleia Nacional.[1] Actualmente adoptouse o nome de Palácio de S. Bento en memoria do antigo convento.
O palacio está clasificado como Monumento Nacional desde 2002.
Na parte traseira do edificio principal, nos terreos do antigo mosteiro, sitúase un palacete mandado a construír por Joaquim Machado Cayres para habitar nel. Durante o Estado Novo, en 1937 o palacete foi adquirido polo Estado a través da expropiación, para instalar nel a residencia oficial do presidente do Consello de Ministros. Actualmente, este palacete segue sendo a residencia oficial do Primeiro Ministro.