Arsen Aydinian, nado o 19 de xaneiro de 1825 en Istambul (Imperio Otomán) e finado o 21 de xullo de 1902 en Viena (Imperio Austrohúngaro), foi un sacerdote armenio católico, lingüista, gramático, e mestre en dez linguas.[1][2]
Traxectoria
Arsen Aydinian contribuíu de forma significativa á obra lingüística e gramática armenias. Formou parte da Congregación Mequitarista, e era coñecedor de varias linguas clásicas e modernas. Foi abade xeral do mosteiro mequitarista de Viena, entre outros encargos. En 1887 foi o principal impulsor da creación do xornal Հանդէս ամսօրեայ (Handes Amsoreay), onde publicou moitos artigos arredor da lingüística.[1][3]
Con todo, o seu logro máis grande de foi a gramática publicada en 1866, Քննական քերականութիւն աշխարհաբար կամ արդի հայերէն լեզուի (en galego, Gramática crítica da lingua armenia moderna ou vernácula), o cal fica un logro altamente importante da lingüística armenia hoxe en día.[1] Este libro foi especialmente significativo debido ao feito de que os armenios no seu conxunto pedían o uso dunha forma máis vernácula da lingua na literatura e nas artes. Isto supuxo unha revolución dado que o armenio clásico era a lingua asociada normalmente co sacerdocio e coa alta sociedade.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas