O arroz moreno,[1] chamado tamén arroz integral, é arroz debrullado, ao que só se lle tirou a casca exterior ou gluma, non comestíbel. Conserva o xerme íntegro coa tona de farelo que o envolve, o que lle dá unha cor morena clara.
Nos Estados Unidos, a lexislación federal garante que os niveis de vitaminas B1, B2, B3 e D, e os niveis de ácido fólico, calcio e ferro contidos no arroz non estean por baixo de certo limiar; en caso contrario o arroz ten de ser enriquecido.[3]
O arroz integral cómpre máis tempo de cocedura, é máis duro ca o arroz branco ao mastigar, e vólvese axiña rancio. En condicións normais o arroz moreno consérvase meses, mais para alongar o seu tempo de vida e evitar a proliferación da traza da fariña (Plodia interpunctella), recoméndanse períodos de conxelación ou envasalo ao baleiro.
En Asia, foi considerado tradicionalmente coma un alimento para pobres e tempos de penurias e guerras. Nos países occidentais, desde a segunda metade do século XX asóciaselle a miúdo coa alimentación saudábel. Maiormente é utilizado na preparación de pratos vexetarianos.
Véxase tamén
Genmaicha, un té verde mesturado con arroz moreno, consumido no Xapón
↑Enriched riceArquivado 25 de febreiro de 2012 en Wayback Machine., Food and Drug Administration, Code of Federal Regulations, Tomo 2, Título 21, capítulo I, parte 137, sección 137.350, páxs. 384-386, consultado o 23/02/2011 (en inglés)