A arquidiocese de Tánxer (en latín: Archidioecesis Tingitana) é unha arquidiocese da Igrexa Latina inmediantamente suxeta á Santa Sé. En 2010 tiña 2.019 bautizados sobre unha poboación total de 4 000 000 persoas. O seu ordinario actual é o arcebispo Santiago Agrelo Martínez, O.F.M.
Debido a conflitos entre a Santa Sé e os portugueses, a diocese estivo vacante durante varias décadas do século XVII, até que Roma aboliu a unión entre as dúas sés o 16 de decembro de 1675, restabelecendo a diocese de Ceuta, e suprimindo ó mesmo tempo a de Tánxer. En Tánxer foi erixida o 28 de novembro de 1630 a prefectura apostólica de Marrocos, confiada ós franciscanosespañois da Provincia de San Diego de Alcalá, en Andalucía.
O 13 de xullo de 1693 a prefectura foi elevada a vigairía apostólica, nomeando como primeiro vigairo apostólico ó franciscano Diego de Ortega Escacena; mais a morte deste último en 1696 e a oposición do Goberno español á erección da vigairía apostólica fixo fracasar a iniciativa da Santa Sé.
O 14 de abril de 1908 co breveRomani Pontifices de Pío X a prefectura apostólica foi finalmente elevada a vigairía apostólica con dignidade episcopal.
↑Conrad Eubel (1913). Hierarchia catholica medii et recentioris aeviV. p. 363.
↑Patrocinio García Barriuso (1984). "La constitución jerárquica histórica y actual de la Iglesia en Marruecos". Revista Española de Derecho Canónico40 (116): 247–248. ISSN0034-9372.