Diego Ortega de Escacena,[1] finado en 1696, foi un bispo católico latino e relixioso franciscano descalzo, vigairo apostólico de Marrocos (hoxe arquidiocese de Tánxer) dende 1693 até a súa morte.
Traxectoria
En novembro de 1630 fora estabelecida a prefectura apostólica de Marrocos, confiada ós franciscanos descalzos españois da Provincia de San Diego de Alcalá, en Andalucía. Porén, en 1677 os franciscanos descalzos tiveron que abandonar Marrocos, sendo substituídos por trinitarios, que á súa vez foron expulsados en 1680.
Foi entón cando o prefecto apostólico de Trípoli tentou que dita sé fose elevada a vigairía e estendese a súa influencia até Marrocos,[2] mais Diego Ortega, entón Procurador Xeral dos franciscanos descalzos, conseguiu que fose encomendada á provincia de San Diego novamente, o que sucedeu o 7 de maio de 1685. Ao ano seguinte, a misión estaba estabelecida en Mequinez, Fez, Tetuán e Salé.[3]
O 13 de xullo de 1693, cun breve de Inocencio XII, Propaganda Fide elevou a prefectura a vigairía apostólica, escollendo como primeiro vigairo a Ortega de Escacena, quen foi tamén nomeado arcebispo titular de Stauropolis.[4] Ortega foi ordenado bispo polo patriarca titular de Constantinopla, Odoardo Cibo, o 11 de novembro de 1693.
A institución da vigairía, porén, foi moi combatida polos diversos poderes españois. O P. Ortega tivo que permanecer na península mentres de discutía a súa situación entre as autoridades españolas e Roma. O confito rematou coa súa morte a comezos de 1696, sendo substituído polo Provincial de San Diego dos franciscanos como prefecto apostólico.[5]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
|
---|
Bispos de Marrocos (1468-1570) | |
---|
Bispos de Ceuta e Tánxer (1570 - 1632) | |
---|
Prefectos apostólicos de Marrocos (1632 - 1693) | |
---|
Vigairos apostólicos de Marrocos (1693 - 1956) | |
---|
Arcebispos de Tánxer (dende 1956) | |
---|