Arquidiocese católica latina de Nouméa

Modelo:Xeografía políticaArquidiocese católica latina de Nouméa
Archidioecesis Numeana (la) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 22°16′33″S 166°27′29″L / -22.2758, 166.4581
Parroquia eclesiástica88 (2006)
Sacerdote39 (2006)
Relixioso cristián55 (2006)
Monxa111 (2006) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación280.460 (2019) Editar o valor en Wikidata (15,1 hab./km²)
Lingua oficiallingua francesa Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica latina Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie18.575 Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
CatedralNouméa Cathedral (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Sitio webdiocese.ddec.nc Editar o valor en Wikidata

A arquidiocese de Nouméa (en latín: Archidioecesis Numeana) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina. En 2013 tiña 141.204 bautizados sobre unha poboación total de 260.166 habitantes. O seu arcebispo é Michel-Marie-Bernard Calvet.

Territorio

A arquidiocese abrangue o arquipélago de Nova Caledonia. A sé arcebispal é a cidade de Nouméa, onde está a catedral de San Xosé. O territorio está dividido en 20 parroquias.

Historia

A misión católica na Nova Caledonia comezou coa chegada ás illas de cinco misioneiros maristas en 1843. Os comezos modestos da misión foron agravados pola persecución dun xefe local, que obrigou aos misioneiros a refuxiarse en Futuna.

O 23 de xullo de 1847 foi erixida a vigairía apostólica da Nova Caledonia, en territorios da vigairía apostólica de Oceanía central, mais non foi até o ano seguinte que os misioneiros puideron volver a Nova Caledonia para retomar a evanxelización das illas.

O 9 de febreiro de 1901 cedeu parte do seu territorio para erixir a prefectura apostólica das Novas Hébridas.

O 21 de xuño de 1966, coa bula Prophetarum voces do papa Paulo VI a vigairía apostólica foi elevada a arquidiocese e tomou o nome actual.

Episcopoloxio

Véxase tamén

Ligazóns externas