Michel-Marie-Bernard Calvet, nado o 3 de abril de 1944 en Autun (Francia), é un relixioso marista, arcebispo de Nouméa dende 1981.
Traxectoria
Naceu en Autun, concello do departamento de Saona e Loira, o 3 de abril de 1944. Licenciouse en Matemáticas pola Universidade de Lión, e posteriormente formouse para ser sacerdote, licenciándose en Teoloxía polo Instituto Católico de Lión. O 28 de abril de 1973 foi ordenado sacerdote da Sociedade de María polo bispo auxiliar de Grenoble Michel Mondésert.
O 4 de xullo de 1979 foi nomeado bispo auxiliar de Nouméa e bispo titular de Nigrae Maiores. Recibiu a consagración episcopal de mans do arcebispo de Nouméa Eugène Klein o 4 de novembro do mesmo ano, e tivo como co-consagrantes principais ao bispo de Wallis e Futuna Lolesio Fuahea e ao arcebispo de Papeete Michel-Gaspard Coppenrath.[1] O 19 de xuño de 1981 foi nomeado arcebispo de Nouméa.
Notas
- ↑ L'Intermédiaire des chercheurs et curieux (en francés). 1980. p. 415.
Michel-Marie Calvet, mariste, né á Autun le 3 avril 1944, év. aux. de Nouméa le 4 julliet 1979, sacré le 4 novembre dans la cath. de Nouméa, par Eugène Klein, arch. de Nouméa, ass. de Laurent Fuahea, év. de Wallis et Futuna et de Michel Coppenrath, arch. de Papeete.