Armas e armaduras da Terra Media

Imaxe da espada Glamdring forxada segundo a descrición presente no Señor dos Aneis.

As armas e armaduras da Terra Media son aquelas presentes nos escritos sobre o mundo ficticio da Terra Media, entre eles O hobbit, O Señor dos Aneis e O Silmarillion, obra do autor inglés J. R. R. Tolkien.[1][2]

Tolkien modelou a súa guerra de ficción nos períodos da historia antiga e medieval. A súa representación de armas e armaduras reflicte particularmente a cultura do norte de Europa, a influencia do poema épico Beowulf, as sagas nórdicas e outras obras semellantes. Tolkien estabeleceu esta relación en The Fall of Gondolin, a primeira obra do legendarium en ser escrita. Nesta historia, os elfos de Gondolin usan cota de malla, espadas, escudos, lanzas, machadas e arcos propios da guerra do norte de Europa. Nos escritos de Tolkien, este tipo de armas e armaduras son usadas polos distintos pobos e razas ficticios, incluíndo elfos, ananos, homes, hobbits eorcos.[2]

Segundo as súas fontes, as armas de Tolkien moitas veces teñen nomes, en ocasións con inscricións rúnicas para demostrar que son máxicas e teñen a súa propia historia e poder.[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 Burdge, Anthony; Burke, Jessica (2013) [2007]. "Weapons, Named". En Drout, Michael. J.R.R. Tolkien Encyclopedia: Scholarship and Critical Assessment. Routledge. pp. 703–705. ISBN 978-0-415-86511-1. 
  2. 2,0 2,1 Piela, Joseph (2013) [2007]. "Arms and Armour". En Drout, Michael. J.R.R. Tolkien Encyclopedia: Scholarship and Critical Assessment. Routledge. pp. 26–27. ISBN 978-0-415-86511-1. 

Véxase tamén

Bibliografía