Severity: Notice
Message: Undefined offset: 1
Filename: infosekolah/leftmenudasboard.php
Line Number: 33
Line Number: 34
Applications Technology Satellite 3 ou ATS 3 é un satélite artificial xeoestacionario dos Estados Unidos adicado a probar novas tecnoloxías e lanzado o 5 de novembro de 1967 mediante un foguete Atlas-Agena D desde o Centro Espacial Kennedy, en Florida, Estados Unidos.[2] A NASA proclama que é o satélite de comunicacións activo máis antigo.[7]
ATS-3 levaba a bordo 11 experimentos, dos cales 8 eran experimentos de enxeñería relacionados con navegación, comunicacións e o control e operación de naves e equipamento. Dous dos outros experimentos eran experimentos de obtención de imaxes para producir imaxes diúrnas en tempo real da atmosfera terrestre. Os experimentos restantes a investigacións ionosféricas.[2]
O satélite tiña forma de cilindro de 180 cm de altura e 142 cm de diámetro. A alimentación eléctrica era proporcionada por dous paneis solares e dúas baterías recargables de níquel-cadmio.[2]
O satélite serviu como enlace en operacións de rescate, incluíndo o terremoto de México de 1985 e a erupción do Monte Santa Helena en 1980.[8]
Nos anos 1970 o satélite foi usado para fotografar a cuberta nubosa, en especial furacáns en formación no hemisferio occidental. Baixáronse 1200 fotos, aproximadamente unha cada 25 minutos, e da parte diúrna.