Camacho Berítez procedía da Arma de intendencia cando asistiu a un curso de piloto no aeródromo de Cuatro Vientos e licenciouse na Arma de aviación. Realizou servizos durante a Guerra do Rif, con saídas para abastecer posicións, ametrallamento de columnas inimigas, voos de recoñecemento, etc.[1] En outubro de 1924, durante unha misión o seu avión foi derrubado e resultou ferido, pero durante semanas mantivo a defensa da súa posición, o que lle valeu a concesión dunha Medalla Militar Individual e o ascenso a comandante por méritos bélicos.[1] En 1927, nos últimos anos do reinado de Afonso XIII, foi ascendido a Tenente coronel e nomeado Gentilhombre de Cámara con ejercicio, en recoñecemento á súa actividade nas campañas africanas; até ese ano permanecera en Marrocos realizando servizos.[1]
Despois da proclamación da II República en 1931, cinco anos despois ocupou o mando da Base Aérea de Xetafe e da 1ª Escuada Aérea. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo, que desembocou na Guerra civil, conseguiu que tanto a base como a unidade aérea mantivesen leais ao goberno.[2] Durante a guerra ocupou importantes cargos militares, sendo nomeado subsecretario en 1936, de Aire durante o ministerio de Indalecio Prieto.[3][4] Nesta etapa reorganizou profundamente as Forzas Aéreas Republicanas, organizando a defensa aérea da retagarda republicana, etc. [1] Tamén foi xefe do 1. ª Rexión Aérea, [5] con base en Alcalá de Henares, e en 1938 foi nomeado xefe das Forzas Aéreas da zona centro-sur[2], sendo substituído na Subsecretaría polo tenente coronel Carlos Núñez Mazas.[6][7] Nas últimas semanas da guerra, amosouse partidario do Consello de Defensa Nacional e da negociación da paz con Franco, en lugar de continuar coa resistencia e prolongar o conflito.[2] O 16 de febreiro de1939, durante unha reunión no Aeródromo de Los Llanos co presidente Negrín e outros militares, dixo que contaba con tres escuadróns de bombardeiros "Natachas", dous escuadróns "Katiuskas" e 25 avións tipo "Chato" ou "Mosca".[8][9]
O fracaso das negociacións levouno a abandonar a España republicana, dirixíndose primeiro a Londres e despois a México, onde morreu en 1974.[2]