O Polikarpov I-16 (ruso: Поликарпов И-16) é un caza monomotor soviético cun deseño revolucionario para o seu tempo, sendo o primeiro monoplano cantilever de á baixa do mundo con tren de aterraxe retráctil en ser operativo e como tal "introduciu unha nova moda no deseño de cazas".[1] O I-16 entrou en servizo a mediados dos anos 30 e formaba a espiña dorsal da Forza Aérea Soviética ao principio da segunda guerra mundial. O diminuto caza, alcumado "Ishak" ou "Ishachok" (Burro) polos pilotos soviéticos, destacou na segunda guerra sino-xaponesa,[2] na batalla de Khalkhin Gol,[2] na guerra de Inverno e na guerra civil española,[3][4] onde foi alcumado "Rata" polos franquistas e "Mosca" polos republicanos.
Notas
- ↑ Green, William. "Polikarpov's Little Hawk." Flying Review, novembro de 1969
- ↑ 2,0 2,1 Liss 1966, p. 10
- ↑ Abanshin e Gut 1994, p. 38
- ↑ Léonard 1981, pp. 18-22
Bibliografía
- Abanshin, Michael E. e Nina Gut. Fighting Polikarpov: Eagles of the East No. 2. Lynnwood, WA: Aviation International, 1994. ISBN 1-884909-01-9.
- Léonard, Herbert. Les Avions de Chasse Polikarpov (in French). Rennes, Francia: Editions Ouest-France, 1981. ISBN 2-85882-322-7.
- Liss, Witold. ''The Polikarpov I-16 (Aircraft in Profile Number 122)''. Leatherhead, Surrey, UK: Profile publications Ltd., 1966.