Antolín Murias, Paciencia, nado en Xares (A Veiga) e finado na mesma parroquia o 20 de xullo de 1953, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Obreiro do ferrocarril. Militante do PSOE e membro da Sociedade Agraria de Xares, adscrita a UGT, liderada por Alfonso Ortega Prada. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. En febreiro de 1937 foi decretada a incautación dos seus bens polo Xulgado Militar Especial de Incautacións de Ourense.[1] Foi procesado por auxilio á rebelión en xullo de 1937 e declarado en rebeldía. Foi un dos asistentes ao Congreso de Ferradillo que deu orixe á Federación de Guerrillas de León-Galicia. En 1944 foi nomeado xefe dunha unidade integrada na II Agrupación da Federación. Tamén participou no grupo de Manuel Girón Bazán, pero tivo que agocharse na súa aldea dende 1946 porque unha hernia lle impedía camiñar. Intentaron evacualo a Francia, pero negouse en repetidas ocasións. Seguiu agochado en Xares onde foi asasinado por un antigo enlace ao que dera refuxio o 20 de xullo de 1953.
Notas
- ↑ La Región, 6-2-1937, p. 2.
Véxase tamén
Bibliografía
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. pp. 98–99. ISBN 84-8485-231-8.
Ligazóns externas
|
---|
Guerrilleiros antifranquistas | |
---|
|