Anjou foi unha rexión histórica e cultural francesa que se corresponde coa antiga provincia do mesmo nome e cuxa capital é Angers. Aínda que xa hai ben tempo que desapareceu o ducado, o termo « Anjou » aínda se utiliza para definir o territorio do Maine e Loira[1][2]. O logo do departamento retoma o termo «Anjou»[3]. O territorio do Anjou correspóndese co actual departamento de Maine e Loira, así como con outros territorios integrados en diversas divisións administrativas.
Historia
Anjou aparece na Antigüidade como entidade territorial co pobo dos andecavos. O seu territorio, centrado en Angers (daquela Andegavum), correspóndese en parte cos límites do futuro Maine e Loira. Após a ocupación romana, o Anjou encóntrase máis tarde no centro de varias influencias e rivalidades, sobre todo entre os francos e os bretóns. Sendo xa condado, convértese no corazón do imperio Plantagenêt, ou «imperio anxevino» no século XIII.
Culturalmente, asócianse ao Anjou os seus viñedos, o río Loira, os seus materiais de construción (lousa e tufa calcaria), así como a súa gran concentración de trogloditas.
↑Comité départemental du tourisme & Fédération des offices de tourisme et syndicats d’initiative de l’Anjou. "Anjou Tiurisme". Consultado o 13-10-2015.