Andre Tyler Iguodala, nado o 28 de xaneiro de 1984 en Springfield (Illinois), é un ex-xogador de baloncesto estadounidense. Iguodala tamén é coñecido polos alcumes Iggy ou "O outro AI" (aclarando este último ao dicir que AI son tamén as inicias de Allen Iverson).
Traxectoria
Inicios
Xogou para o seu instituto, Lanphier HS (Illinois), onde firmou medias de 23,5 puntos, 7,9 rebotes e 4,2 asistencias por partido. Estes números outorgáronlle a mención do Chicago Sun-Times Player of the Year.
Iguodala estivo na Universidade de Arizona durante dúas temporadas, anotando 594 puntos totais, 409 rebotes e 95 roubos nos 62 partidos, sendo titular en 34 deles. As súas medias universitarios foron de 9.6 puntos, 6.6 rebotes e 1.53 roubos por encontro.
NBA
Philadelphia 76ers (2004-2012)
Iguodala, que pode xogar tanto de escolta tomo de aleiro, mide 1,98 metros de altura e pesa 94 quilos. Chagou á NBA mediante o Draft, resultando a novena elección do Draft da NBA de 2004, dende a Universidade de Arizona. No seu primeiro ano na liga, chegou a ser un gran xogador, terminando o ano dentro do mellor quinteto de Rookies e xogando no Rookie Challenge como titular. Nesas mesmas datas, o xogador trocou o seu dorsal, que ata agora fora o 4, polo número 9; outorgándolle o anterior a Chris Webber. Posteriormente o mesmo Webber deu a coñecer que anteriormente lle regalara un Rolex a Iguodala para que el lle dese o número.
Na temporada 2004-2005 foi o único rookie en conseguir un triplo-dobre, así como o único que disputou os 82 partidos de liga regular como titular (máis 5 de Playoffs). Ao ano seguinte, o que ata agora fora o seu compañeiro de equipo, Allen Iverson, abandonou os Sixers, e Iguodala tomou máis importancia. Iverson volveu á franquía no 2009, e Iguodala xa era un dos líderes do conxunto, cunha alta capacidade atlética para facer mates e un impoñente físico.
Ao seguinte ano, 2010, a ausencia de estrelas de cara ao Mundial de Turquía fixo que USA Basketball chamase á súa porta. Iguodala incorporouse ás filas da selección estadounidense para acudir ao Mundial, onde resultaron imbatidos nos partidos previos ás eliminatorias.
Foi elixido por primeira vez para xogar o All-Star Game da NBA no ano 2012.[1]
Denver Nuggets (2012-2013)
O 10 de agosto de 2012, Iguodala foi traspasado ós Denver Nuggets nun traspaso entre os Sixers, os Los Angeles Lakers, os Nuggets, e os Orlando Magic. Outros dos xogadores traspasados foron os All-Stars Dwight Howard e Andrew Bynum.
Estatísticas NBA
Tempada regular
Playoffs
Ano
|
Equipo
|
PJ
|
PT
|
MPP
|
%TC
|
%3P
|
%TL
|
RPP
|
APP
|
ROB
|
TPP
|
PPP
|
2005
|
Philadelphia
|
5 |
5 |
38.4 |
.465 |
.333 |
.500 |
4.6 |
3.0 |
2.8 |
1.0 |
9.8
|
2008
|
Philadelphia
|
6 |
6 |
39.0 |
.333 |
.143 |
.721 |
4.8 |
5.0 |
2.2 |
0.2 |
13.2
|
2009
|
Philadelphia
|
6 |
6 |
44.8 |
.449 |
.393 |
.652 |
6.3 |
6.7 |
1.8 |
0.0 |
21.5
|
2011
|
Philadelphia
|
5 |
5 |
36.4 |
.423 |
.214 |
.714 |
7.0 |
6.8 |
1.0 |
0.4 |
11.4
|
2012
|
Philadelphia
|
13 |
13 |
38.8 |
.384 |
.388 |
.589 |
5.7 |
3.7 |
1.5 |
0.4 |
12.9
|
2013
|
Denver
|
6 |
6 |
40.5 |
.500 |
.483 |
.720 |
8.0 |
5.3 |
2.0 |
0.3 |
18.0
|
Total
|
|
41 |
41 |
39.6 |
.419 |
.364 |
.653 |
6.0 |
4.9 |
1.8 |
0.4 |
14.4
|
Palmarés
Consideracións persoais
- Eleccións All-Star: 2012
- Integrante do NBA All-Rookie (primeiro equipo) na temporada 2003-2004.
- Elixido no equipo dos Rookies para o partido contra os Sophomores do Rookie Challenge de 2005 en Denver.
- Elixido no equipo dos Sophomores para o partido contra os Rookies do Rookie Challenge de 2006 en Houston, elixido MVP pola súa excelente actuación (30 punt. 4 rob. 3 asist. en 12 min.)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|
|
---|
- Adestrador: Steve Kerr / Adestradores asistentes: Ron Adams
- Kenny Atkinson
- Mike Brown
- Bruce Fraser
- Jama Mahlalela
- Dejan Milojević
|
|