Dorell Lawrence Wright, nado nos Ánxeles (California) o 2 de decembro de 1985, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga no Lokomotiv Kuban da VTB United League.
Traxectoria profesional
Wright foi seleccionado na 19ª posición do Draft da NBA de 2004 polos Miami Heat. Entrou na NBA directamente dende o instituto, tras acadar 29.4 puntos, 14 rebotes e 5 tapóns por partido no South Kent School en Connecticut.
En 2006, Wright foi o membro dos Heat máis novo no equipo que gañou o primeiro campionato da NBA para Miami. O 21 de agosto de 2008, Wright asinou un novo contrato cos Heat[1].
Wright asinou cos Golden State Warriors o 13 de xullo de 2010[2]. O 27 de novembro de 2010, Wright anotou 9 triplas, a marca máis alta da franquía, superando a marca de Jason Richardson, con 8 triplas o 29 de marzo de 2007[3].
O 9 de febreiro de 2011, Wright foi seleccionado para participar no concurso de triplas do NBA All-Star Weekend de 2011 nos Ánxeles[4]. Ao remate da tempada 2010-11, Wright rematou 3º na votación polo xogador máis mellorado da NBA, detrás de LaMarcus Aldridge e Kevin Love.
O 11 de xullo de 2012, Wright foi traspasado ós Philadelphia 76ers nun traspaso entre tres equipos. O 10 de xuño de 2013, asinou un contrato cos Portland Trail Blazers.[5]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|