Ana Margarida Taborda Duarte Martins de Carvalho, coñecida como Ana Margarida de Carvalho, nada en Lisboa en 1969, é unha escritora e xornalista portuguesa.
Traxectoria
É filla do escritor Mário de Carvalho.[1] Nada en Lisboa en 1969, licenciouse en Dereito pola Facultade de Dereito da Universidade de Lisboa[2]. Ten 2 fillos.
En 2017, foille atribuída unha bolsa anual de creación literaria pola Dirección Xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas (DGLAB).[3]
Realizou varios obradoiros e workshops na área da literatura e da escrita creativa.[4][5]
Xornalista, foi distinguida con 7 premios de reportaxe. Traballou durante 25 anos na Revista Visão, onde foi editora e grande Reporteira. Colaborou con diversas publicacións: Jornal de Letras, Revista Ler, Marie Claire, Egoísta, Colóquio Letras así como coa canle televisiva SIC.[6]
Fixo crítica cinematográfica no blog Final Cut[7] (do cal foi fundadora) e na Revista Visão. Integrou, en diversos anos, o panel de xurado do ICA (Instituto do Cinema e do Audiovisual) para asignación de subsidios nos concursos de produción de longametraxes, documentais e desenvolvemento de guión. Durante dous anos, asinou a crónica semanal «Conversas de Ascensor», no sitio web da Revista Visão.[8]
Tres dos seus guións cinematográficos (documental e ficción) quedaron clasificados nos primeiros lugares en concursos do ICA, obtendo o respectivo financiamento.[9]
Estreouse na novela co seu primeiro libro en 2013, Que Importa a Furia do Mar[10][11], ao que seguiu en 2016 Não se Pode Morar nos Olhos de Um Gato[12][13] que foi editada, no Brasil, a primeira edición en 2018.[14][15]. Publicou en 2017 o seu primeiro libro de contos, Pequenos Delírios Domésticos.
É autora do prefacio de Alexandra Alpha, de José Cardoso Pires, nunha reedição da Reloxo D'Auga, en 2015.
Única a recibir sucesivamente o gran Premio da Asociación Portuguesa de Escritores (APE/DGLB) por cada unha das súas tres obras de ficción (dúas novelas e un libro de contos).[16]
Obras
Que Importa a Fúria do Mar (2013). En 2016 ed. de Editorial Teorema, 240 páxs. En 2019 ed. de BIS. Novela invulgar que coloca, fronte a fronte, dúas geracións dun Portugal onde, às veces, parece que pouco mudou.
Grande Prémio de Romance e Novela APE/DGLAB – 2013
A Arca do É(ou a Versión Vegetariana da Arca do Noé) (2015). Co ilustrador Sérgio Marques. Editorial Teorema. 48 páxs. Infantil.
Não Se Pode Morar nos Olhos de Um Gato (2016). Editorial Teorema. 352 páxs. Novela na que un puñado de personaxes estancadas, primeiro nun navío negreiro á marxe da lei e dos ventos e, despois, nunha beira de praia.
Grande Prémio de Romance e Novela APE/DGLAB – 2016 e
Prémio Manuel de Boaventura 2017 (CM Esposende).
Finalista do Oceanos-Prêmio de Literatura em Língua Portuguesa.
Finalista do Prémio Fernando Namora.
Nomeado para melhor livro do ano 2017 pola Sociedade Portuguesa de Autores.
Pequenos Delírios Domésticos (2017). Relógio D'Água. 144 páxs. Relatos. O título está tomado dunha canción de Séergio Godinho.
Grande Prémio de Conto Camilo Castelo Branco APE/CM Vila Nova de Famalicão.
Julgamentos que Mudaram a História. As condenações trágicas de monarcas, filósofos, revolucionários, criminosos e heróis (2017). Desassossego. 288 páxs. Crónica histórica.
O Gesto que Fazemos para Proteger a Cabeça (2019). Relógio D'Água. Novela.
Libros colectivos
Uma Terra Prometida. Contos Sobre Refugiados (2016). Filomena Marona Beja, Carlos Vale Ferraz, Cristina Carvalho, Sérgio Luís de Carvalho, José Fanha, Afonso Cruz, Nuno Camarneiro, Ana Margarida de Carvalho e Miguel Real. IN. 192 páxs.
Premios de Xornalismo
Prémio Revelação Gazeta – 1994, Clube de Jornalistas de Lisboa[21]
Prémio Nacional Abel Salazar – 1995, Clube de Jornalistas do Porto
Prémio Nacional Alexandre Herculano – 1995, Clube de Jornalistas do Porto
Prémio Cidade de Lisboa, menção honrosa – 1997, Câmara Municipal de Lisboa
Prémio Orlando Gonçalves – 1998, Câmara Municipal da Amadora
Prémio Maria Lamas – 2000, Comissão da Igualdade e Direitos da Mulher
Prémio Reportagem Norberto Lopes – 2001, Casa da Imprensa