Criouse na súa cidade natal. O seu pai, David, é contratista, e súa nai, Paige, traballa para o estado recompilando información en Internet.
Heard estudou na Academia católica St. Michael en Austin ata que se trasladou a Hollywood. Na adolescencia participou activamente na escola de teatro e apareceu en anuncios e campañas locais. Cando tiña 16 anos morreu o seu mellor amigo nun accidente de coche. Aínda que foi criada no catolicismo, este suceso e a influencia das obras de Ayn Rand[1] puideron influír en que se declarase atea posteriormente.[2]
Heard fixo pública a súa condición de bisexual en 2010, no acto público que conmemoraba o 25 aniversario de GLAAD,[3] e mantivo unha relación coa fotógrafa Tasya van Ree dende 2008[4].
Dende o 3 de febreiro de 2015 estivo casada co actor Johnny Depp,[5] a quen coñeceu namentres rodaban The Rum Diary[6], e divorciouse en maio de 2016.[7] Posteriormente, mantivo unha relación con Elon Musk, o fundador de Tesla, que durou un ano.[8]