Foi un dos seis fillos do primeiro profesor de Zooloxía da Universidade Yale, Addison Emery Verrill e da súa esposa Flora L. Verrill (nacida Smith), que lle deron o seu nome en honor dun compañeiro de estudos de seu pai, Alpheus Hyatt.
Durante 1896 se traballou como editor de historia natural do Webster's International Dictionary, e tamén como ilustrador de obras de divulgación científica e de moitos dos seus propios escritos. Interesado nestas artes gráficas (formouse na Escola de Belas Artes da Universidade Yale e, ademais, recibiu clases de zooloxía organizados polo seu propio pai). En 1902, A. Hyatt Verrill inventou un proceso autócromo de fotografía en cores naturais.
Entre os seus escritos encóntranse moitos traballos de ciencia ficción, incluíndo vint e seis delos publicados en Amazing Stories. Á súa morte, P. Schuyler Miller sinalou que Hyatt Verrill «foi un dos escritores máis prolíficos e exitosos do noso tempo», con 115 libros no seu haber, así como «artigos en innumerábeis periódicos».[1] E. F. Bleiler describiu as súas historias de "Mundos perdidos" como «non só máis instruídas que a maioría das da súa competencia, se non avasaladoras".[2]
A. Hyatt Verrill casaou dúas veces; primeiro, en 1892, con Kathryn L. McCarthy, coa que tivo polo menos catro fillos e, despois, en 1944, con Lida Ruth Shawn.
A súa obra When the Moon Ran Wild (1962) publicouse póstumamente usando o pseudónimo de Ray Ainsbury.
Críticas
Os libros de A. Hyatt Verrill foron eloxiados polo seu entretido estilo de escritura, pero foron criticados por biólogos como Joel Hedgpeth, por conter "extravagantes mentiras" para atraer aos lectores máis xoves.[3] Especialistas en xenética tamén describiron o seu estilo como ameno, como H. Bentley Glass, pero que escribiu que Hyatt Verrill escribira unha serie de divertidas obras, como Strange Prehistoric Animals and Their Stories, que estaba pragada de erros e o que pasaba como feito nl libro era "dificilmente distinguíbel" da ficción.[4] Lionel Walford, biólogo mariño, escribiu nunha recensión sobre Wonder Creatures of the Sea de A. Hyatt Verrill, na que di que a cualidade literaria está "anulada pola súa falta de fiabilidade científica".[5]
Outras recensións foron positivas.[6][7] E, por exemplo, o seu Harper's Book for Young Naturalists foi descrito como un libro fidedigno e un "valioso manual para a biblioteca do fogar ou da escola".[8]
Algunhas publicacións
Non ficción
A-B-C of Automobile Driving (1916)
Along New England Shores (1936)
America's Ancient Civilizations (con Ruth Verrill) (1953)
The Book of the West Indies (1917, 1919)
The Book of the Sailboat: How to rig, sail and handle small boats (1916)
The Boy Collector's Handbook (1915)
The Boy's Book of Buccaneeers (1927)
The Boy's Book of Whalers (1927)
Cuba Past and Present (1928)
Foods America Gave the World (1945)
Getting Together with Latin America (1918)
Great conquerors of South and Central America (1943)
Harper's Book for Young Gardeners (1914)
Harper's Book for Young Naturalists
Harper's Gasoline Engine Book (1914)
Harper's Wireless Book (1913)
The Heart of Old New England (1936)
The Home Radio: How to Use and Make It (1922)
The Incas' Treasure Cove (1932)
The Inquisition (1931)
Islands and Their Mysteries
Islands of Spice and Palm (1915)
Jamaica of Today (1931)
Knots, Splices and Rope Work (1912; 1946)
Lost Treasure: True Tales of Hidden Hoards (1930)
Minerals, Metals and Gems (1939)
My Jungle Trails (1937, 1941)
The Ocean and Its Mysteries (1917)
Perfumes and Spices (1940)
Precious Stones and Their Stories
Rivers and Their Mysteries
Romantic and Historic Virginia (1935)
Romantic and Historic Florida (1935)
Secret Treasure: Hidden Riches of the British Isles (1931)
Shell Collector's Handbook (1950)
Strange Animals and Their Stories (1939)
Strange Birds and Their Stories (1938)
Strange Creatures of the Sea (1955, 1959)
Strange Customs, Manners and Beliefs (1946, 1969)
Strange Fish and Their Stories (1938, 1948)
Strange Insects and Their Stories (1938)
Strange Monsters and Their Stories
Strange Prehistoric Animals and Their Stories (1948)
Strange Reptiles and Their Stories (1937)
Strange Sea Shells and Their Stories (1950 [pero titulada na edición de 1938 como "Strange Birds"])
The Strange Story of Our Earth: A Panorama of the Growth of Our Planet as Revealed by the Sciences of Geology and Paleontology (1962)
They Found Gold; True Stories of Successful Treasure Hunts
Thirty Years in the Jungle (1929)
Under Peruvian Skies (1930?)
West Indies of Today (1931, 1937)
Wonder Creatures of the Sea (1940)
Wonder Plants and Plant Wonders (1939)
The Young Collector's Handbook (1948)
Never a Dull Moment: The Autobiography of A. Hyatt Verill (2008)
Ficción
Beyond the Pole, Amazing Stories (outubro de 1926)
The Man Who Could Vanish, Amazing Stories (Xaneiro de 1927)
Plague of the Living Dead, Amazing Stories (abril de 1927)
The Voice from the Inner World (1927)
The World of the Giant Ants, Amazing Stories Quarterly (Outono de 1928)
The Bridge of Light, Amazing Stories Quarterly (Outono de 1929)
The Inner World, Amazing Stories (Xullo de 1935)
When the Moon Ran Wild (1962)
Notas
↑"The Reference Library", Astounding Science Fiction, marzo de 1955, p. 152.
↑Hedgpeth, Joel W. (1956): "Reviewed Work: Strange Creatures of the Sea". The Quarterly Review of Biology31 (1): 42.
↑Glass, Bentley (1949): "Reviewed Work: Strange Prehistoric Animals and Their Stories". The Quarterly Review of Biology24 (2): 146.
↑Walford, L. A. (1940): "Wonder Creatures of the Sea". Copeia1940 (3): 209.
↑Ackerknecht, Erwin H. (1946): "Reviewed Work: Strange Customs, Manners and Beliefs". The Quarterly Review of Biology21 (4): 421.
↑Smith, Ella Thea (1953): "Reviewed Work: The Strange Story of Our Earth: A Panorama of the Growth of Our Planet as Revealed by the Sciences of Geology and Paleontology". The Quarterly Review of Biology28 (1): 41.
↑Anonymous (1914): "Reviewed Work: Harper's Book for Young Naturalists". The Sewanee Review22 (2): 255.