Alpheus Hyatt

Modelo:BiografíaAlpheus Hyatt

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de abril de 1838 Editar o valor en Wikidata
Washington, D.C., Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte15 de xaneiro de 1902 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Cambridge, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCongressional Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard
Universidade Yale Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPaleontoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpaleontólogo, zoólogo, biólogo mariño Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaHyatt Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosAnna Hyatt Huntington Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteEncyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Hyatt-2045 Find a Grave: 49402443 Editar o valor en Wikidata

Alpheus Hyatt (5 de abril de 1838 – 15 de xaneiro de 1902) foi un zoólogo e palaeontólogo estadounidense. Foi unha eminencia no estudo de invertebrados fósiles, especialmente cefalópodos.[1]

Biografía

Alpheus Hyatt II naceu en Washington, D.C. fillo de Alpheus Hyatt e Harriet Randolph (King) Hyatt. Asistiu durante breve tempo á Academia Militar de Maryland e á Universidade Yale, e despois graduouse na Universidade Harvard en 1862; alistouse como soldado raso na Infantería de Voluntarios de Massachusetts para a guerra civil estadounidense, acabando co rango de capitán.[2]

A Norwood-Hyatt House, onde Hyatt estableceu o seu laboratorio de bioloxía mariña

Despois da guerra traballou durante un tempo no Instituto Essex (agora chamado Peabody Essex Museum de Salem, Massachusetts). Xunto cun colega fundou a revista The American Naturalist e Hyatt foi o seu editor entre 1867 e 1870. Converteuse en profesor de paleontoloxía e zooloxía no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts en 1870, onde impartiu docencia durante dezaoito anos, e foi profesor de bioloxía e zooloxía na Universidade de Boston de 1877 ata a súa morte en 1902. Tamén serviu como curador da Sociedade de Boston de Historia Natural, onde a súa axudante foi por longo tempo a súa anterior estudante Jennie Maria Arms Sheldon, e creou un laboratorio na Norwood-Hyatt House en 1879[3] para o estudo da bioloxía mariña en Annisquam, Massachusetts. O edificio de River Road deulle acceso ao río Annisquam, un estuario de auga salgada. Esta institución mudouse a Woods Hole e converteuse no laboratorio biolóxico mariño de Woods Hole en 1888.[1][4][5]

Hyatt estudou co profesor Louis Agassiz[1] e foi un dos propoñentes do neolamarckismo xunto con Edward Drinker Cope.[6] En 1869, a Academia Americana das Artes e as Ciencias elixiuno como membro en 1875, e foi elixido membro da Academia Nacional das Ciencias dos Estados Unidos.[7] Foi elixido membro da American Philosophical Society en 1895.[8] En 1898, recibiu o grao honorario de LL.D. (doutor en dereito) da Universidade Brown.[2]

El e a súa muller, Audella Beebe, coa que casou en 1867,[9] foron os pais da famosa escultora Anna Hyatt Huntington; os seus outros fillos foron Harriet Randolph Hyatt Mayor, que tamén era escultora, aínda que menos coñecida (e nai do historiador A. Hyatt Mayor), e Alpheus Hyatt III.

Morreu en Cambridge, Massachusetts en 1902.[2]

Publicacións

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Encyclopaedia Britannica Alpheus Hyatt
  2. 2,0 2,1 2,2 Harvard University Alpheus Hyatt
  3. "University Library, "Alpheus Hyatt Papers"". Syracuse University Library. Consultado o 19 de xaneiro de 2011. 
  4. Smithsonian Institution Alpheus Hyatt
  5. Famous American.net - Virtual American Biographies Alpheus Hyatt
  6. Conchology Alpheus Hyatt
  7. Beecher, Charles (1 de febreiro de 1902). "Obituary Alpheus Hyatt". The American Journal of Science. s4-13 (74): 164. 
  8. "APS Member History". search.amphilsoc.org. Consultado o 2024-03-12. 
  9. T. W. Stanton. Proceedings of the Washington Academy of Sciences, Vol. 5 (1903), pp. 389-391 (3 páxinas) - JSTOR Alpheus Hyatt

Véxase tamén

Ligazóns externas