Alessandro Del Piero, nado en Conegliano (Treviso) o 9 de novembro de 1974, é un futbolista italiano. Xoga de dianteiro e o seu equipo actual é o Sydney da A-League.
Adoitaba xogar como segundo dianteiro, na posición coñecida en Italia como Trequartista. No ano 2000, foi recoñecido como o futbolista mellor pagado do mundo.[1] No 2004 foi incluído na lista de Futbolistas FIFA 100.[2] Posúe o récord de máis encontros disputados[3] e máis goles anotados[4] coa Juventus FC. En 2008 foi o futbolista italiano mellor pagado.[5]
Traxectoria
Inicios
Alessandro Del Piero é fillo de Gino, un electricista, e Bruna, unha ama de chaves. Ten dous irmáns, o maior Stefano, foi futbolista profesional durante un breve tempo para a Sampdoria, pero sufriu unha grave lesión e tivo que retirarse do fútbol; e unha irmá máis nova chamada Beatrice. Pasou toda a súa infancia na casa da súa familia en San Vendemiano, Provincia de Treviso. Practicaba fútbol no patio traseiro da súa casa con tres amigos Nelso, Pierpaolo, e Giovanni Paolo, e soñaba con converterse en futbolista.[6]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Refini, Maurizio. Il campione. Alessandro Del Piero l'aquila con i piedi per terra. Limina. ISBN 88-86713-39-8.
- Giansanti, Giansant (2002). Semplicemente Del Piero. Logos.
- Giuseppe, Civati (2004). Il segreto di Alex. Limina. ISBN 88-88551-94-8.
- Franzelli, Marco, Scarnati, Donatella. Lo sberleffo di Godot. Il ritorno di Alessandro Del Piero. Limina. ISBN 88-6041-015-0.
- Del Piero, Alessandro (2007). 10 + Il Mio Mondo in un Numero. Mondadori. ISBN 88-04-55986-1.