Aleksander Bursche , nado en Varsovia o 11 de febreiro de 1956 ,[ 1] é un numismático e arqueólogo polaco , profesor na Universidade de Varsovia .[ 2]
As súas investigacións e as súas publicacións céntranse nas emisións monetarias do Imperio Romano , sinaladamente durante o período de migración dos pobos bárbaros .[ 3]
Traxectoria
Bursche cursou os seus estudos superiores de Arqueoloxía na Universidade de Varsovia, onde obtivo o mestrado en 1980 , e posteriormente o seu doutoramento en 1988 .[ 1] [ 3] [ 4]
Desde 1980 está vinculado ao Instituto de Arqueoloxía desta universidade, do que foi vicedirector entre 1991 e 1992 . Entre este último ano e 1994 , Bursche realizou unha estadía formativa de dous anos no departamento de Historia de Grecia e Roma da Universidade de Frankfurt , coordinado pola profesora Maria Radnoti-Alföldi , seguida doutras de menor duración na Universidade Philipps de Marburgo (1995 ) e no Museo Ashmolean da Universidade de Oxford (1997 ). Finalmente, en 1999 logrou a acreditación docente para o Departamento de Historia da Universidade de Varsovia, onde é profesor titular desde 2000 .[ 1] [ 3] [ 4]
Así mesmo, foi profesor visitante en institucións académicas como a Academia Americana en Roma (2000), a Universidade de Kiel (2002 ), o Instituto para o Estudo do Mundo Antigo da Universidade de Nova York (2015 ) ou a American Numismatic Society (2015).[ 1] [ 3] [ 4]
No ámbito editorial, de 1990 e 1998 foi asesor editorial da revista Antiquity , publicada en Cambridge , encargado da sección de Europa Central ; nesta revista foi tamén o editor especial da sección dedicada a Polonia en setembro de 1991. Do mesmo xeito, entre 1993 e 1994 foi asesor editorial da publicación Annotazioni Numismatiche , editada en Milán . Tamén é membro do comité científico de diversas publicacións, como Journal of Archaeological Numismatics (Bruxelas ), Notae Numismaticae (Cracovia ) ou Journal of Ancient History and Archaeology (Cluj-Napoca ).[ 1] [ 3] [ 4]
Panel da exposición itinerante Tsunami Bárbaro , promovida por Aleksander Bursche
Aleksander Bursche foi cofundador e coorganizador dos Festivais Arqueolóxicos de Biskupin . El creou as exposicións arqueolóxicas itinerantes coñecidas como Tsunami bárbaro. O período de migración dos pobos nas cuncas do Oder e do Vístula ", que se realizaron entre 2017 e 2020 .[ 5] [ 6]
Bursche participou en máis dunha vintena de expedicións arqueolóxicas, non só en Polonia senón tamén noutros países, como é o caso de Hayling Island (Reino Unido ), Öland (Suecia ) e Acrai (Sicilia ).[ 1] Igualmente, dorixiu unha misión arqueolóxica á necrópole da cultura de Wielbark , no municipio polaco de Pasłęk.
Aleksander Bursche é membro correspondente do Instituto Arqueolóxico Alemán e da Asociación Europea de Arqueoloxía Experimental.[ 1] [ 4] Desde 2015 é membro do comité de dirección do Consello Internacional de Numismática ;[ 7] nesta entidade foi o organizador do XVI Congreso Internacional de Numismática que tivo lugar en 2022 en Varsovia .[ 3] [ 8]
Recoñecementos
Trofeo do premio Brązowy Laur Masłomęcki. outorgado a Bursche en 2008.
1997: Premio Gawroński ao mellor libro sobre numismática editado en Polonia en 1995-1996 .[ 1]
1997: Premio Clio, primeira clase, outorgado polo reitor da Universidade de Varsovia.[ 1]
2000: Premio Gawroński ao mellor libro sobre numismática editado en Polonia en 1998-1999.[ 1]
2000: Premio Clio, primeira clase.[ 1]
2008 : Premio Brązowy Laur Masłomęcki, do municipio de Hrubieszów.
2012 : Premio Clio, segunda clase.[ 1]
2014 : Cabaleiro da Orde Polonia Restituta , outorgado pola presidencia da República de Polonia.[ 1] [ 3] [ 4] [ 9]
2014: Premio Gilljam, da Royal Numismatic Society , de Londres .[ 3] [ 10]
Publicacións
Escolma de monografías
(1996). Later Roman-barbarian Contacts in Central Europe, Numismatic Evidence . Gebr. Mann Verlag. ISBN 9783786119234
(1998). Złote medaliony rzymskie w Barbaricum . Instytut Archeologii Uniwersytetu Warszawskiego. ISBN 9788387496067
(2020). The Migration Period Between the Oder and the Vistula (con H. Hines e A. Zapolska). Brill Academic. ISBN 978-9004422407
Notas
↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 "Aleksander Bursche: Curriculum Vitae ". uw.academia.edu
↑ "Aleksander Bursche ". Otworzksiazke.pl
↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 "Bursche, Aleksander ". En Coins Weekly . 5 de xullo de 2017.
↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "Prof. dr hab. Aleksander Bursche ". Migration Period between Odra and Vistula (mpov.uw.edu.pl) .
↑ Barbarian tsunami Migration Period between the Odra and the Vistula . University of Warsaw. 2017. ISBN 978-83-63365-58-5
↑ "Barbarian tsunami. Migration Period between the Odra and the Vistula ". Barbarzynskie-tsunami.muzeum.szczecin.pl
↑ "Committee of the INC . International Numismatic Council (INC-CIN.org) .
↑ "Organising Committee ". XVI International Numismatic Congress INC 2022 (INC2022.pl).
↑ "Odznaczenia państwowe ". Uniwersytete Warszawski (uw.edu.pl) .
↑ "The Gilljam Prize for Third-Century Numismatics ". The Royal Numismatic Society.