Airbus CC-150 Polaris

Airbus CC-150 Polaris
Tipotransporte estratéxico/transporte VIP/repostaxe en voo
FabricanteAirbus
Introducido1992
Estadoactivo
Principais usuariosForzas Armadas do Canadá
Real Forza Aérea do Canadá
Unidades construídas5 (todos A310-300 convertidos)

Airbus CC-150 Polaris é a designación para os Airbus A310-300 que foron convertidos para ser usados como transporte de longa distancia e avión de reabastecemento en voo na Real Forza Aérea Canadense.

Deseño e desenvolvemento

A frota de cinco avións Airbus foi mercada orixinalmente por Wardair como avións de pasaxeiros civís. Os cinco foron entregados entre 1987 e 1988 e transferidos a Canadian Airlines cando as dúas aeroliñas se fusionaron en 1989. Posteriormente foron mercados polas forzas armadas canadenses e convertidos para uso militar, entrando en servizo entre decembro de 1992 e agosto de 1993.[1][2] Catro dos cinco aparellos convertéronse no stándar Combi-Freighter cun chan reforzado e unha porta de carga lateral. O quinto foi modificado para operar como transporte VIP para o goberno canadense.

O CC-150 substituíu o Boeing CC-137 (un Boeing 707 convertido) como transporte estratéxico tras a retirada da derradeira unidade con esa configuración en 1995.

Conversión en avión de reabastecemento en voo

En 2008 dous dos cinco CC-150 foron convertidos en avións de reabastecemento en voo para a frota de CF-18 como parte do programa Multi Role Tanker Transport (MRTT). O programa MRTT iniciouse debido a un requirimento da Luftwaffe e proporcionou unha solución rendible para as forzas armadas do Canadá. Os avións convertidos foron designados CC-150T.

A RCAF usa C-130 convertidos, designados CC-130H(T), para reabastecemento aéreo táctico, pero a súa operatividade é limitada cando os CF-18 son despregados no estranxeiro, onde se adapta mellor unha plataforma estratéxica de reabastecemento en voo. Como resultado da conversión MRTT do CC-150 Canadá recuperou a súa propia capacidade estratéxica de reabastecemento, que se perdera cando o derradeiro CC-137 fora retirado en 1997.

O primeiro CC-150T convertido completou as súas probas de aceptación en maio de 2008.[3]

Operadores

Notas

  1. ↑ Planespotters (ed.). "15003 Canadian Armed Forces Airbus CC-150 Polaris (A310-304)". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 27 de xuño de 2018. 
  2. ↑ Planespotters (ed.). "15005 Canadian Armed Forces Airbus CC-150T Polaris (A310-304 MRTT)". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 27 de xuño de 2018. 
  3. ↑ "Strategic air-to-air refuelling capability". Royal Canadian Air Force. 2012-04-18. Archived from the original on 18 de abril de 2012. Consultado o 2023-07-09.