MBB/Kawasaki BK 117

MBB/Kawasaki BK 117
BK 117 da policía alemá
Tipohelicóptero utilitario e de transporte
FabricanteMesserschmitt-Bölkow-Blohm e Kawasaki
Primeiro voo13 de xuño de 1979
Introducido9 de decembro de 1982
Produción1979-2004
Unidades construídas443
VariantesEurocopter EC145

O MBB/Kawasaki BK 117 é un helicóptero bimotor utilitario de tamaño medio. Foi desenvolvido e fabricado conxuntamente por Messerschmitt-Bölkow-Blohm (MBB) de Alemaña e Kawasaki do Xapón. MBB foi mercada posteriormente por Daimler-Benz e finalmente converteuse en parte de Eurocopter, que despois pasou a chamarse Airbus Helicopters.

O 25 de febreiro de 1977 MBB e Kawasaki asinaron un acordo de cooperación para abandonar os seus esforzos independentes de deseñar helicópteros bimotores de propósito xeral en favor dunha iniciativa colaborativa para crear un novo aparello para ese rol. Aínda que os custos do programa foron compartidos por igual, o traballo foi dividido en certas áreas do deseño. MBB utilizou a súa experiencia co ríxido sistema do motor usado no seu anterior Bo 105 para desenvolver a meirande parte dos sistemas dinámicos e controis de voo, mentres que Kawasaki centrouse na célula, os elementos estruturais e outros compoñentes. O 13 de xuño de 1979 o helicóptero realizou o seu primeiro voo en Ottobrunn, Baviera; o 10 de agosto voou o primeiro prototipo de Kawasaki e Gifu, rexión de Chūbu.

Cada compañía estableceu a súa propia planta de montaxe, fabricando o BK 117 para as súas respectivas rexións. O BK 117 demostrou ser popular para servizos de pasaxeiros e transporte VIP. A súa cabina pode equiparse con distintas configuracións de asentos, con capacidade entre sete e dez pasaxeiros. Tamén é usado para unha ampla gama de operacións, como guindatre aéreo, transporte militar ou helicóptero policial, e excepcionalmente tamén pode facer traballos de ambulancia aérea e plataforma de busca e rescate. Durante os anos 90, debido á súa popularidade, desenvolveuse unha versión refinada inicialmente comercializada como BK 117 C-2 e posteriormente bautizada como EC145 (no presente H145).

Desenvolvemento

Orixe

Segundo o autor J. Mac. McCellan, o BK 117 ten a súa orixe nun helicóptero anterior deseñado e producido polo fabricante alemán Messerschmitt-Bölkow-Blohm (MBB), o MBB Bo 105.[1] Este aparello, que tivo un grande éxito comercial, usaba un revolucionario rotor principal sen bisagras composto por fibra de vidro, que fora desenvolvido polo enxeñeiro alemán Ludwig Bölkow. Tendo establecido unha reputación de aparello fiable e seguro, durante o principio dos anos 70 MBB xunto con Boeing Vertol, un dos seus principais accionistas, comezou a estudar opcións para producir un derivado máis longo do modelo.[2] Porén, Boeing retirouse pronto do proxecto facendo que MBB buscase outros socios. MBB atoparía un na compañía xaponesa Kawasaki Heavy Industries.[3]

O 25 de febreiro de 1977 MBB e Kawasaki asinaron un acordo para cooperar no desenvolvemento dun novo helicóptero. Baixo os termos dese acordo, as dúas corporacións fusionarían os seus previos proxectos para producir un aparello bimotor de propósito xeral, eses proxectos eran o Bo 107 de MBB e o KH-7 de Kawasaki. Todos os custos de desenvolvemento foron compartidos a partes iguais entre os dous socios; en novembro de 1977 o programa recibiu un grande impulso cando o goberno de Alemaña Occidental anunciou que financiaría a metade dos custos de desenvolvemento.[4] En abril de 1978 completáronse os estudos de definición do proxecto, permitindo á empresa conxunta proceder coa fase de deseño detallado.[4]

Elementos separados do deseño foron asignados a cada compañía; MBB foi a responsable de desenvolver os rotores (estes estaban baseados no sistema de rotor ríxido usado anteriormente no MBB Bo 105), a pluma de cola, os controis de voo e o sistema hidráulico, mentres Kawasaki encargouse de desenvolver o tren de aterraxe, a célula, a transmisión principal, o sistema eléctrico e outros compoñentes menores.[3] O fabricante de vehículos alemán BMW actuou como consultor do estilo do BK 117.[4] Segundo o seu acordo, cada compañía estableceu a súa propia liña de montaxe final para o tipo, na cal producirían o helicóptero para satisfacer as demandas dos seus mercados locais.[3]

Orixinalmente cada compañía intentou construír un par de prototipos (Kawasaki finalmente optou por construír un só) que estiveron completados en 1979; un para realizar probas de voo e os outros para probas de amarre e estáticas. O 13 de xuño de 1979 o prototipo realizou o seu voo de estrea en Ottobrunn, Baviera; meses despois seguiulle o prototipo de Kawasaki en Gifu, na Rexión de Chūbu, o 10 de agosto. O ritmo de desenvolvemento do programa estaba sendo máis lento do agardado, un problema agravado pola escaseza de persoal cualificado dispoñible en MBB. Aínda que orixinalmente se agardaba ter a certificación do aparello a finais de 1980, a certificación alemá non se obtivo ata o 9 de decembro de 1982, e ao pouco tempo obtivo a xaponesa, o día 17 de decembro. O 29 de marzo de 1983 o tipo conseguiría a certificación da FAA estadounidense.

Desenvolvemento posterior

Durante o ano 1983 a versión inicial de produción, designada BK-117A-1, foi entregada por vez primeira.[4] Ao pouco tempo desenvolvéronse variantes melloradas; a principios de 1985 certificouse o BK-117A-3, que contaba cun maior peso máximo de engalaxe e un rotor de cola máis grande; dous anos despois o BK-117A-4, equipado con motores LTS 101-750B-1 para un mellor rendemento en ambientes quentes e altos e un maior peso máximo de engalaxe, xunto con melloras na transmisión do rotor principal e no mastro do rotor de cola e máis capacidade de combustible.[4] Durante 1990 a división estadounidense de MBB lanzou unha versión corporativa do BK 117; foi equipada cun sistema dixital de control de voo automático SPZ-7000 fabricado por Honeywell e un sistema interior tipo capullo; entre os extras opcionais estaban un sistema electrónico de instrumentos de voo Bendix/King e unha porta da cabina tipo "clamshell". Durante o ano 1992 introducíuse o BK 117C-1, equipado cun panel EFIS revisado e un sistema de control ambiental mellorado, xunto cun maior rendemento en ambientes cálidos e altos.[4]

Nunha etapa houbo unha atención considerable ao concepto dunha variante militarizada do tipo.[4] Durante o Paris Air Show de 1985 revelouse ao público xeral o concepto dun helicóptero de ataque armado, referido como BK 117A-3M. Esta variante sería capaz de ser armada con lanzadores para oito mísiles Euromissile HOT 2 e unha torreta para unha metralladora Browning de 12,7 mm no morro, cunha mir montada no casco.[4] Tamén estaba equipado con varios sensores avanzados de apuntado, como unha mira estabilizada SFIM APX-M 397 montada no teito. Co obxectivo de proporcionar un espazo libre suficiente para a torreta, o aparello necesitaría usar patíns máis altos.[4]

Durante os anos 90, como resultado do éxito comercial do tipo, desenvolveuse un derivado refinado a partir da versión BK 117C-1, inicialmente comecializado como BK 117C-2 antes de pasar a ser bautizado EC145 e posteriormente H145; esta versión mellorada do helicóptero superou e finalmente substituíu o orixinal BK 117 en produción. En total fabricáronse 443 BK 117 polos dous socios; 329 (e dous prototipos) por MBB nas súas instalacións de Donauworth, mentres que 111 (e un prototipo) foron completados por Kawasaki no Xapón. Durante os anos 80 chegouse a un acordo con Indonesian Aerospace para que o modelo se fabricase baixo licenza en Indonesia coa designación NBK 117; porén, segundo o autor Sören Eriksson, o programa de fabricación indonesio rematou despois de fabricar só uns pouco helicópteros.[4][5]

Dende o inicio da súa fabricación, terceiros produciron os seus propios programas de actualización para os BK 117 existentes. En 2010 Airwork lanzou o seu programa de conversión, substituíndo o motor orixinal LTS101-750B-1 polo máis novo LTS101-850B-2, incrementando tanto o rendemento, como a fiabilidade e as marxes de seguridade e dando como resultado ao BK117-850D2; en 2016, Airwork levaba actualizados preto de 50 aparellos.[6]

Notas

  1. McCellan 1986, p. 64
  2. McCellan 1986, pp. 64, 66
  3. 3,0 3,1 3,2 McCellan 1986, p. 66
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 "The Market for Light Military Rotorcraft" (PDF). Forecast International. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de agosto de 2012. Consultado o 30 de outubro de 2018. 
  5. Eriksson 2013, p. 153
  6. "50 And Counting For The BK117-850D2". Aviation Week. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2017. Consultado o 2018-11-19. 

Bibliografía

Read other articles:

Archosauromorpha Periode 260–0 jtyl PreЄ Є O S D C P T J K Pg N Kemungkinan catatan Perem Tengah Archosauromorpha Baris 1: Sharovipteryx mirabilis and Crocodylus porosusBaris 2: Pardalotus punctatus and Hyperodapedon fischeriBaris 3: Tanystropheus longobardicusTaksonomiKerajaanAnimaliaFilumChordataKelasReptiliaTanpa nilaiArchosauromorpha Subkelompok †Aenigmastropheus †Elachistosuchus? †Prolacertoides †Choristodera? †Kuehneosauridae? †Drepanosauridae? †Helveticosauridae?...

 

SchücoArena Informasi stadionNama lengkapBielefelder AlmNama lamaStadion AlmPemilikArminia BielefeldLokasiLokasiBielefeld, JermanKoordinat52°01′55″N 8°31′00″E / 52.03194°N 8.51667°E / 52.03194; 8.51667Koordinat: 52°01′55″N 8°31′00″E / 52.03194°N 8.51667°E / 52.03194; 8.51667KonstruksiDibuat1926Dibuka1 Mei 1926Data teknisKapasitas27,332[1]Ukuran lapangan105m x 68mPemakaiArminia BielefeldSunting kotak info •...

 

American politician John Cosgrove, Missouri Congressman John Cosgrove (September 12, 1839 – August 15, 1925) was a Democratic Representative from Missouri's 6th congressional district. He served from March 4, 1883 – March 4, 1885. Cosgrove was born near Alexandria Bay in Jefferson County, New York on September 12, 1839. He attended schools in Redwood, New York, and then traveled in the western United States, where his activities included mining for gold. He later taught school, studied la...

Boeing 747-400 Boeing 747-400 Virgin Atlantic Airways Jenis Pesawat jet berbadan lebar Negara asal Amerika Serikat Pembuat Boeing Commercial Airplanes Penerbangan perdana 29 April 1988 Diperkenalkan 9 Februari 1989 dengan Northwest Airlines Status Tidak diproduksi Pengguna utama Atlas AirLufthansaUPS AirlinesCargolux Dibuat Varian penumpang: 1988–2005[1]Varian kargo: 1993–2009Varian kombi: 1989–2002 Jumlah 694[2] Dikembangkan dari Boeing 747-300 Varian Boeing YAL-1...

 

2011 Canadian filmGoonTheatrical release posterDirected byMichael DowseWritten by Jay Baruchel Evan Goldberg Produced byHartley Gorenstein Don Carmody David Gross Jesse Shapira André Rouleau Jay Baruchel Ian Dimerman Starring Seann William Scott Jay Baruchel Alison Pill Marc-André Grondin Kim Coates Eugene Levy Liev Schreiber CinematographyBobby ShoreEdited byReginald HarkemaMusic byRamachandra BorcarProductioncompaniesNo Trace CampingCaramel FilmDon Carmody ProductionsInferno Pictures Inc....

 

Türkiye 1.Lig 1981-1982 Competizione Türkiye 1.Lig Sport Calcio Edizione 24ª Organizzatore TFF Luogo  Turchia Partecipanti 17 Formula Girone unico Sito web tff.org Risultati Vincitore  Beşiktaş(6º titolo) Retrocessioni  Eskişehirspor Göztepe Diyarbakırspor Statistiche Miglior marcatore Selçuk Yula (15) Incontri disputati 256 Gol segnati 500 (1,95 per incontro) Cronologia della competizione 1980-81 1982-83 Manuale L'edizione 1981-1982 della Türkiy...

English caricaturist and illustrator (1817–1864) For other people named John Leech, see John Leech (disambiguation). John LeechLeech's carte de visiteBorn(1817-08-29)29 August 1817London, EnglandDied29 October 1864(1864-10-29) (aged 47)London, EnglandNationalityEnglishOccupation(s)Caricaturist and illustrator John Leech (29 August 1817 – 29 October 1864) was a British caricaturist and illustrator.[1] He was best known for his work for Punch, a humorous magazine for a broa...

 

Pasquale Viespoli Sindaco di BeneventoDurata mandato7 dicembre 1993 –5 aprile 2001 PredecessoreRaffaele Verdicchio SuccessoreSandro Nicola D'Alessandro Sottosegretario di Stato del Ministero del lavoro e delle politiche socialiDurata mandato11 giugno 2001 –17 maggio 2006 PresidenteSilvio Berlusconi PredecessoreRosario Olivo SuccessoreAntonio Montagnino Durata mandato12 maggio 2008 –29 settembre 2010 PresidenteSilvio Berlusconi PredecessoreAntoni...

 

Epic crime film City of GodBrazilian theatrical release posterBrazilian PortugueseCidade de Deus Directed by Fernando Meirelles Kátia Lund Screenplay byBráulio MantovaniBased onCity of Godby Paulo LinsProduced by Andrea Barata Ribeiro Maurício Andrade Ramos Starring Alexandre Rodrigues Leandro Firmino Da Hora Jonathan Haagensen Phellipe Haagensen Douglas Silva Daniel Zettel Seu Jorge CinematographyCésar CharloneEdited byDaniel RezendeMusic by Antônio Pinto Ed Cortês Productioncompanies ...

French footballer Bard in 1920 Henri Louis Bard (29 April 1892 – 26 January 1951) was a French professional footballer.[1] Born in Lyon, Bard started his career in Switzerland, when his parents lived there. His first club was Servette. From 1911 he played as forward for Racing Club de France. Two years later he became a member of the France national team. In 1918 he became a member of Paris club Cercle Athlétique. With this team he won the French Cup in 1920, when he scored both of...

 

Disambiguazione – Se stai cercando il partito politico italiano, vedi Lega Lombarda (partito politico). Lega LombardaSocietas LombardiæSocietas Lombardiæ, & Romandiolæ, & Marchiæ Città della prima e della seconda Lega Lombarda TipoAlleanza militare Fondazione7 aprile 1167 (1ª lega)2 marzo 1226 (2ª lega) Scioglimento1250 ScopoDifesa comune contro il Sacro Romano Impero di Federico I Barbarossa (1ª lega) e Federico II di Svevia (2ª lega) Area di azioneLombardia storica Membr...

 

Air warfare branch of Slovakia's military Slovak Air ForceVzdušné sily Ozbrojených síl Slovenskej republikyEmblem of the Slovak Air ForceFounded1 January 1993; 31 years ago (1993-01-01)Country Slovak RepublicTypeAir forceRoleAerial warfareSizeApprox 3,200 personnel15 aircraft18 helicoptersPart ofSlovak Armed ForcesGarrison/HQZvolenCommandersAir Force CommanderMajor General Róbert Tóth[1]InsigniaRoundel Aircraft flownHelicopterMil Mi-17, UH-60MTrainerA...

Grand Prix F1 Portugal 1996 merupakan balapan Formula 1 pada 22 September 1996 di Estoril.[1] Lomba Pos No Pembalap Tim Lap Waktu/Tersingkir Grid Poin 1 6 Jacques Villeneuve Williams-Reanult 70 1:40'22.915 2 10 2 5 Damon Hill Williams-Reanult 70 +19.966 1 6 3 1 Michael Schumacher Ferrari 70 +53.765 4 4 4 3 Jean Alesi Benetton-Renault 70 +55.109 3 3 5 2 Eddie Irvine Ferrari 70 +1'27.389 6 2 6 4 Gerhard Berger Benetton-Renault 70 +1'33.141 5 1 7 15 Heinz-Harald Frentzen Sauber-Ford 69 +...

 

Legal privilege given to some members in monarchical and princely societies This article may contain unverified or indiscriminate information in embedded lists. Please help clean up the lists by removing items or incorporating them into the text of the article. (March 2023) Part of the Politics seriesMonarchy Central concepts MonarchMonarchismDivine right of kingsMandate of HeavenRoyal prerogative Types Abdication system Absolute Chinese Legalist Composite Constitutional Crowned republic Diar...

 

Satellite digital video recorder service in the United Kingdom For the Estonian radio station, see Sky Plus. For the Brazilian OTT streaming video service, see Vrio Corp. Sky+Sky+ logo, c. September 2003-January 2006A Sky+ set top boxInceptionAugust 2001 (2001-08)ManufacturerSky GroupLast production year2016 Sky+ (pronounced Sky Plus) is a discontinued personal video recorder (PVR) and subscription service from the satellite television provider Sky in the UK and Ireland. Launc...

Ri Myong-sunRi, 2013Personal informationKebangsaan Korea UtaraLahir26 Januari 1992 (umur 32)[1]Pyongyang[1]Peringkat tertinggi20 (Mei 2014)[2]KlubBeijing / Weishan County (China)Tinggi163 cm[1]Berat54 kg[1] Rekam medali World Championships 2016 Kuala Lumpur Team Ri Myong-sunJosŏn-gŭl리명순 Hanja李明順 Alih AksaraI MyeongsunMcCune–ReischauerRi Myŏngsun Dalam nama Korean ini, nama keluarganya adalah Ri. Ri Myong-sun (Penguca...

 

Bosio II Sforza. A questa voce o sezione va aggiunto il template sinottico {{Militare}} Puoi aggiungere e riempire il template secondo le istruzioni e poi rimuovere questo avviso. Se non sei in grado di riempirlo in buona parte, non fare nulla; non inserire template vuoti. Bosio II Sforza di Santa Fiora, XI conte di Santa Fiora (Santa Fiora, ... – 31 agosto 1535[1]), è stato un nobile e militare italiano. Stemma dei conti di Santa Fiora Indice 1 Biografia 2 Disc...

 

Flag carrier of Thailand Thai Airways redirects here. For the defunct regional airline, see Thai Airways Company. Thai Airways International plcบริษัท การบินไทย จำกัด (มหาชน) IATA ICAO Callsign TG THA THAI Founded29 March 1960; 64 years ago (1960-03-29)(as Thai International)Commenced operations1 April 1988; 36 years ago (1988-04-01)(merger with Thai Airways Company)AOC #AOC.0003[1]HubsBangkok�...

Come leggere il tassoboxArmillaria ostoyaeArmillaria ostoyaeClassificazione scientificaDominioEukaryota RegnoFungi DivisioneBasidiomycota ClasseAgaricomycetes OrdineAgaricales FamigliaPhysalacriaceae GenereArmillaria SpecieA. ostoyae Nomenclatura binomialeArmillaria ostoyae(Romagn.) Herink, 1973 Nomi comuni (DE) Gemeiner Hallimasch Armillaria ostoyaeCaratteristiche morfologicheCappelloconvesso Imeniolamelle Lamelleannesse Sporatabianca Velonudo Carne immutabile Ecologiaparassita Commesti...

 

Meretzמרצ LeaderZehava Gal-On Stato Israele SedeTel Aviv Fondazione1992 IdeologiaSocialdemocraziaSecolarismo[1]Ambientalismo[2][3][4][5]FemminismoPacifismoSoluzione dei due Stati[6]Correnti interne:Socialismo libertario[7]Sionismo socialista[2] CollocazioneSinistra Partito europeoPartito del Socialismo Europeo (osservatore) Affiliazione internazionaleInternazionale SocialistaAlleanza Progressista Seggi Knesset0 ...