Diversos autores do romanticismo español de mediados do século XIX asignáronlle o recorrente título de rey de Asturias —que motivou pois engadirlle "de Asturias"—, así como o alcume de "o Católico", denominación que aínda hoxe ten gran vixencia, pero que as crónicas medievais xamais chegaron a atribuírlle. Porén, as crónicas árabes denomínano rei de Galicia (Adhfunsh, malik[2]Jilliquiyya[3]).[4][5]
Traxectoria
Toda a documentación que alude á súa persoa foi redactada 150 anos despois do seu falecemento, a finais do século IX e inserida nas neogoticistas crónicas afonsinas, polo que a verdade sobre a súa vida e feitos, incluso a existencia da súa persoa debe tomarse coa debida prudencia histórica e científica.
As propias fontes son confusas e mesmo contraditorias, así para o versión "Rotense" da Crónica de Afonso III, Afonso "foi elixido como rei por todo o pobo", mentres a Sebastianense sostén que non existiu tal elección, e que Afonso xa era fillo do duque visigodo, Pedro, descendente da liñaxe dos reis Leovixildo e Recaredo, unha visión esta que amosa o grao de deformación ideolóxica das crónicas e a intencionalidade no feito que querer facer entroncar aos reis ovetenses coa antiga realeza visigoda. Na crónica Albeldense só menciona que era fillo de Pedro, duque de Cantabria.
Hai opinións encontradas sobre a natureza da actividade guerreira deste rei. De calquera xeito, o seu labor viuse favorecido pola confusa situación da España musulmá daquela época, xa que debido á fame do 750, os bérberes e a súa rebelión determinaron o seu éxodo cara ao Magreb. Galiza puido separarse sen dificultade do resto dos territorios do islam e ofrecer ao rei ástur a súa anexión á Coroa. Por outra banda, a medida que os bérberes ían evacuando os territorios que ocuparan algunhas xeracións, Afonso I, que os hostilizaba con guerrillas, puido deixar as montañas ástures cara ás chairas leonesas.
Tomou Astorga, e despois continuou avanzando cara ao norte de Portugal, a vertente meridional da cordilleira Cántabrica, a Bardulia (antigo nome de Castela a Vella) e os territorios de Áraba, A Bureba, e A Rioxa. Quizais se establecese na rexión comprendida entre o val do río Douro e os macizos montañosos da España central. Entre as diferentes prazas que foron caendo paseniñamente nas súas mans, as crónicas cristriás da época mentan: Lugo, Tui, Porto, Braga, Viseu, Astorga, León, Amaia, Zamora, Simancas, Osma, Salamanca, Ávila, Segovia e Sepúlveda. Nese momento, o gobernador árabe de Córdoba estaba demasiado ocupado nas loitas internas para se opor ao avance dos cristiáns, nin enviar colonias andaluzas que substituísen os bérberes emigrados cara ao norte de África.
Tampouco Afonso I dispoñía de forzas bastantes para se ocupar efectivamente das terras conquistadas e despoboadas, e que quedaron baleiras durante décadas, xa que entre a liña de prazas fortes cristiás e a fronteira musulmá habería unha verdadeira "terra de ninguén", que foi definida como unha terra de correrías, onde se desenvolven combates de detención. Son a orixe das "Marcas", que daran continuamente que falar na historia política da Península.
Co achego de Ab al-Rahman I ao califato de Córdoba a liña fronteiriza percorría o curso do río Douro, dende a súa desembocadura ata Osma,e logo corría cara ao norte ata Vasconia. Un ano despois, morre Afonso I, deixando o seu trono nas mans do seu fillo, Froila I.
↑Ibn El-Atir. Fagnan, ed. Annales du maghreb & de l'espagne(en francés) (1897 ed.). année 140 (24 mai 757) mourut, après un règne de dix-huit ans, Alfonse, roi de Galice