O Aeroporto de Andorra-La Seu d'Urgell é un aeroporto público xestionado pola empresa Aeroports de Catalunya. Ofrece voos comerciais regulares e acolle voos de aviación xeral e de emerxencia.
Está situado na comarca do Alt Urgell, entre os municipios de Montferrer i Castellbò e Ribera d'Urgellet. Está a 7 km de La Seu d'Urgell e a 27 km de Andorra la Vella.
As instalacións actuais reabríronse o 4 de xuño de 2010 co obxectivo de dinamizar o turismo e o desenvolvemento económico nas comarcas do Alto Pireneo. A recuperación deste aeroporto permitirá enlazar o Pireneo catalán e Andorra con outros puntos da xeografía catalá, española e europea.
A actividade comercial regular rexurdiu o 17 de decembro de 2021 coa inauguración da conexión directa co Aeroporto de Madrid Barajas. Estes voos son operados por Iberia a través da súa filial rexional Air Nostrum, empregando aeronaves turbohélice ATR.
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Maiores internacionais | |
---|
Menores internacionais | |
---|
Domésticos | |
---|
Outros | |
---|