Aeroporto de Teruel Aeropuerto de Teruel
|
|
|
|
Sumario
|
Tipo
|
Civil - Aviación xeral e non comercial.
|
Cidade/Illa
|
Teruel
|
Elevación (msnm)
|
636 metros / 2086,61 pés
|
Coordenadas
|
|
Pista(s)
|
Dirección
|
Longo
|
Superficie
|
metros
|
pés
|
18/36
|
2.825
|
9.266
|
asfalto
|
O Aeroporto de Teruel (OACI: LETL), coñecido baixo o nome comercial de Plataforma Aeroportuaria - Teruel PLATA, é un aeroporto situado a 12 km da cidade de Teruel, en servizo dende febreiro de 2013. Está destinado a ser un centro de mantemento, almacenamento de curta e longa duración e reciclado de aeronaves. Non está previsto o tráfico comercial de pasaxeiros neste aeroporto.
O aeroporto aséntase sobre as instalacións da antiga Base Aérea de Caudé do Exército do Aire, que tras quedar obsoleta foi vendida ao Concello de Teruel, o cal, conxuntamente coa Deputación Xeral de Aragón é o promotor deste proxecto.
Instalacións
Ten unha pista de nova construción de 2.825 metros de longo, unha plataforma de mantemento de aeronaves de 27.200 m², e unha plataforma de estacionamento de 120 hectáreas, a maior de Europa. A pista permite a engalaxe de voos suborbitais. Conta cunha zona industrial de 33 ha para a implantación de empresas e un hangar con capacidade para avións tipo Boeing 747. Ademais dispón dunha terminal de servizos xerais e unha base de extinción de incendios.
Accesos
O aeroporto está comunicado por estrada a través da N-234 e da A-23.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
|
---|
Maiores internacionais | |
---|
Menores internacionais | |
---|
Domésticos | |
---|
Outros | |
---|