Aeroporto de Zaragoza

Aeroporto de Zaragoza
Aeropuerto de Zaragoza

IATA: ZAZ – ICAO: LEZG
Sumario
Tipo público
Operador AENA
Elevación (msnm) 263 metros / 862 pés
Coordenadas
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
12L/30R
12R/30L
Estatísticas (2017)
Pasaxeiros 438 035
Operacións 7 965
Carga (kg) 142 185 207
Fonte: AENA[1]

O Aeroporto de Zaragoza (IATA: ZAZ, OACI: LEZG) atópase situado a 10 quilómetros da cidade de Zaragoza, preto do barrio de Garrapinillos. Comparte pista e algunhas instalacións coa Base Aérea de Zaragoza.

Con motivo da Exposición Internacional de Zaragoza 2008 levouse a cabo unha renovación total deste aeroporto que consistitiu na construción dunha nova terminal anexa á antiga e varios aparcadoiros. Abriuse ao público en marzo de 2008. A terminal antiga está pechada; trátase dun edificio de certo valor que se conservou, aínda que non está en uso.

En 2008 deu servizo a 594 952 pasaxeiros e rexistrou 21 438 toneladas de carga.

Infraestruturas

  • 2 pistas de aterraxe paralelas de 3000 e 3718 metros respectivamente, unhas das pistas máis grandes de Europa.
  • 1 terminal de pasaxeiros
    • 14 mostradores de facturación máis un de equipaxes especiais
    • 6 portas ampliables a 8 portas de embarque
    • zona comercial
  • 1 aparcadoiro con capacidade para 1 080 vehículos
  • 1 terminal de carga

Aeroliñas e destinos

Pasaxeiros

Aeroliñas Destinos
Air Europa Palma de Mallorca
Estacional: Lanzarote, Tenerife-Sur
Ryanair Bérgamo, Charleroi, Londres-Stansted
Estacional: Beauvais
Volotea Estacional: Eivisa, Menorca, Palma de Mallorca
Vueling Palma de Mallorca, Tenerife-Sur
Wizz Air Bucarest, Cluj-Napoca

Carga

Aeroliñas Destinos
AirBridgeCargo Airlines Moscova-Sheremetyevo
Air China Cargo Ámsterdam, Shanghai-Pudong, Tianjin
ASL Airlines Belgium Liexa
Cargolux Dubai-Al Maktoum, Luxemburgo, Zhengzhou
China Cargo Airlines Ámsterdam, Shanghai-Pudong
Emirates SkyCargo Ámsterdam, Dubai-Al Maktoum, Os Ánxeles, Cidade de México, Quito
Ethiopian Cargo Accra, Cantón, Liexa, Os Ánxeles, Cidade de México
Korean Air Cargo Navoi, Seul-Incheon, Viena
Qatar Airways Cargo Beirut, Doha, Os Ánxeles, Luxemburgo, Cidade de México, Nova York-JFK
Saudia Cargo Bahrain, Riad

Base aérea

Artigo principal: Base Aérea de Zaragoza.

Edificios na base que son utilizados como residencia cando se realizan os lanzamentos dos transbordadores espaciais, xa que o aeroporto de Zaragoza é unha base de aterraxe de urxencias.

Notas

  1. AENA (ed.). "Estadísticas de tráfico aéreo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de xaneiro de 2018. Consultado o 12 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén

Ligazóns externas