Air Nostrum Líneas Aéreas del Mediterráneo, comunmente coñecida pola versión curta Air Nostrum, é unha aeroliña con sede en Valencia, España, que opera como franquía de Iberia baixo o nome Iberia Regional Air Nostrum. Ademais é a compañía líder da aviación rexional española, realiza uns 350 voos ao día e a súa frota está composta por 65 avións de nova xeración. A compañía opera voos domésticos e con 7 países de Europa e Norte de África e ao longo de 2008 transportou máis de 5 millóns de pasaxeiros.
Características
Obtivo varios premios, sendo a única rexional europea (xunto a Binter Canarias) en obter 4 veces o premio, na súa categoría Ouro, á Aeroliña do Ano, outorgado por ERA (European Regions Airline Association), e en obter a Palma de Ouro, distinción a perpetuidade, da mesma asociación, á Excelencia Sostida, única aeroliña que actualmente a posúe.
Tamén ofrece voos chárter privados. A súa base de mantemento e de operacións atópase no aeroporto de Valencia, pero conta con bases importantes nos aeroportos de Madrid-Barajas e Barcelona, así como bases secundarias nos aeroportos de Almería, Bilbao, Málaga-Costa do Sol, Palma, Pamplona, Donostia, Santander, Sevilla e Vitoria. Os seus voos regulares operan baixo código de Iberia (voos con códigos IB8XXX), polo xeral en rutas cuxa demanda non xustifica o uso dos avións de maior capacidade, ou en rutas rexionais que requiren unha alta frecuencia, como as conexións entre illas en Baleares ou Melilla coa península.
Frota
Actual
En decembro de 2020 a frota de Air Nostrum estaba formada polos seguintes avións:[1]