Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Aegaeon.
Aegaeon ou Exeón (do gregoΑιγαίων) tamén coñecida coma Saturno LIII (designación provisional S/2008 S 1), é unha lúa de Saturno. O seu descubrimento foi anunciado por Carolyn Porco do equipo de imaxes da sonda espacialCassini-Huygens o 3 de marzo do 2009, a partir de obsevacións feitas o 15 de agosto do 2008.[1] Recibiu o seu nome de Αιγαίων (en latínAegaeon), un dos Hecatónquiros.[2]
Aegaeon orbita dentro do brillante segmento do Anel G de Saturno, e posiblemente a lúa sexa a fonte principal do material de dito anel.[3] Cascallos desprendidos da lúa forman un arco brillante preto da beira interior, e estes aá súa vez son espallados ó resto do anel. Aegaeon orbita nunha resonancia orbital de 7:6 con Mimas, a cal causa unha oscilación duns 4 km cada catro anos no seu eixo semimaior. Asumindo que ten un albedo semellante ó de Pallene, estimóuselle un diámetro de medio quilómetro. Orbita Saturno a unha distancia media de 167 500 km en 0,80812 días, ten unha inclinación de 0,001° respecto do ecuador de Saturno, cunha excentricidade do 0,0002.