Aduto do ADN![]() En xenética molecular, un aduto do ADN é un fragmento de ADN que está enlazado covalentemente a un composto químico (xeralmente causante de cancro). A formación destes adutos pode ser o inicio da conversión da célula en célula cancerosa (carcinoxénese). Os adutos do ADN utilízanse en experimentos científicos como biomarcadores de exposición[1] e realízanse medicións da súa abundancia para reflectir cuantitativamente, por comparación, a cantidade de exposición carcinóxena do organismo examinado, por exemplo ratas. En condicións experimentais, a formación destes adutos do ADN é inducida por carcinóxenos coñecidos, dos cales o que se usa máis comunmente é o DMBA (7,12-dimetilbenz(a)antraceno). Por exemplo, cando se usa o termo "aduto DMBA-ADN" (ou "DMBA-DNA adduct") nunha revista científica refírese a un fragmento de ADN que leva unido DMBA.[2] Exemplos![]() Compostos químicos que forman adutos do ADN son:
Adutos do ADN son:
Subprodutos son:
Danos no ADNCando un composto químico se une ao ADN o ADN queda danado, e non pode producirse unha replicación correcta que orixine unha célula normal. Isto pode ser o inicio dunha mutación, ou mutaxénese. Se a célula non tivese mecanismos efectivos de reparación do ADN, que actúan de forma natural en circunstancias normais, isto podería ser o inicio dun cancro. Notas
Véxase taménOutros artigos |