A Academia Galega da Língua Portuguesa (AGLP) é unha institución científica e cultural galega[1] constituída como órgano da Fundação Academia Galega da Língua Portuguesa coa misión de «promover o estudo da lingua da Galiza[2] para que o proceso da súa normalización e naturalización sexa congruente cos usos que vigoran no conxunto da lusofonía».[3]
Historia
A idea de crear unha Academia destas características xa fora enunciada no seu día polo catedrático Ricardo Carvalho Calero, e posteriormente defendida polo profesor José Martinho Montero Santalha nun artigo publicado en 1994 na revista Temas do Ensino[4] e, máis recentemente, nunha intervención en Braganza (Portugal, en outubro de 2006 (no marco do V Coloquio Anual da Lusofonía).[5]
Para facer efectiva a proposta, o 1 de decembro de 2007 creouse a Associação Pró-Academia Galega da Língua Portuguesa en Santiago de Compostela[6]. Finalmente, o 20 de setembro de 2008 creouse formalmente a AGLP [7].
En 2011 o seu presidente era o profesor José-Martinho Montero Santalha, catedrático da Universidade de Vigo.
Composición da Academia Galega da Língua Portuguesa
Notas
- ↑ AGLP
- ↑ Segundo a tese defendida pola AGLP, a lingua de Galiza é o portugués.
- ↑ BOE, 29 de abril de 2011.
- ↑ A Lusofonia e a Língua Portuguesa da Galiza: Dificuldades do presente e tarefas para o futuro Arquivado 05 de novembro de 2013 en Wayback Machine. Actas do Congreso Internacional de Lingua, Cultura e Literaturas Lusófonas (Homenaxe ao profesor Ernesto Guerra da Cal): Santiago, 15-17 de setembro de 1994, Pontevedra - Braga: Irmandades da Fala da Galiza e Portugal, 1994, 452 pp. In Temas de O Ensino de Linguística, Sociolinguística e Literatura, volume VII-IX, núms. 27-38 (1991-1994), pp. 137-149).
- ↑ Um novo projecto: a Academia Galega da Língua Portuguesa in Galiza: Berço da Lusofonia. Actas do V Coloquio Anual da Lusofonía Arquivado 25 de maio de 2009 en Wayback Machine.. Helena e Chrys Chrystello (org). Arcos online (Ed). Braganza, 2-4 de outubro de 2006, p. 199.
- ↑ Constitúese en Compostela unha asociación co obxecto de impulsar a creación da Academia Galega da Língua Portuguesa Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine. no xornal Galicia-Hoxe Arquivado 14 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine., 06.12.2007.
- ↑ Unha nova academia galega tenta a confluencia co idioma portugués no xornal La Voz de Galicia
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas