Léxico da Galiza

O Léxico da Galiza é unha achega da Academia Galega da Língua Portuguesa (AGLP) de máis de 1.200 palabras propias do galego aos dicionarios de portugués, para ser incorporado ao vocabulario ortográfico común do portugués.

Historia e características

Foi presentado en cerimonia conxunta coas academias de Portugal e do Brasil o 14 de abril de 2009. O primeiro vocabulario de portugués que o incluíu foi o de Porto Editora en outubro de 2009. En marzo de 2010 a AGLP participou na "Conferência Internacional sobre o Futuro da Língua portuguesa no Sistema Mundial" celebrada en Brasilia, por convite do Ministerio de Relacións Exteriores do Brasil.

Comisión de Lexicoloxía que elaborou o Léxico

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas