Antigamente a andoriña consagrábase aos deuses penates (protectores dos fogares), tal como menciona Claudio Eliano, e xa daquela ninguén as mataba. Considerábanse o heraldo da primavera e en Rodas tiñan un cántico para celebrar a chegada das andoriñas nas súas migracións anuais [1].
En Galicia, de acordo coa cultura tradicional galega, considérase unha ave sagrada que hai que respectar e protexer [2]. É popular a lenda que conta que as andoriñas arrincaron as espiñas da coroa que levaba Xesús Cristo, e que do sangue deste vén a mancha vermella que amosan no seu pescozo [3]. Por esta razón son aves que ninguén molesta nin se lle vai ós niños [4]. Así mesmo, desta crenza procede a consideración das andoriñas como protectoras das casas nas que aniña: crese que traen boa sorte e por iso favorécese que aniñen na casa [5]. Mesmo se cre que matar unha andoriña ou destruí-lo seu niño é un pecado e que quen o faga sufrirá axiña unha desgraza na súa casa (Risco, Rodríguez López [6])
Considéranse agoiros do tempo que vai facer: cando as andoriñas voan baixo é que vai cambia-lo tempo.
A Virxe de Padrón leva unha andoriña na coroa e por iso corre un cantar no que se di que O Señor bendiga â ave que leva nosa Señora (Rodríguez López).
A andoriña na terapéutica popular
Chámase pedra alidoña (ou simplemente alidoña) unha concreción calcárea que disque se forma no estómago ou na moela das andoriñas. Utilízase para curar feridas, por simple contacto coa pel, ou certas infeccións [7].
Tamén existe a herba andoriña ou herba da andoriña, máis coñecida cos nomes de celidonia e ceruda (Chelidonium majus) [8], que antigamente se cría boa para as enfermidades dos ollos. Este uso medicinal, que tamén se chegou a aplicar ás propias andoriñas [9], vén da antiga crenza de que os polos de andoriña nacían cegos pero a nai curábaos ó refregarlles os ollos cun anaco desta herba [10].
Sinonimia e léxico derivado
Outros nomes que recibe a andoriña son os seguintes: andolía, colandrilla. No galego-asturiano: andolía e golondría[11]
Cos nomes de andoriña ou anduriña desígnanse tamén os seguintes animais:
un molusco, a zamburiña, antes Pectunculus hirundo e hoxe Chlamys varia.
un peixe (Trigla hirundo, hoxe Chelidonichthys lucerna), máis coñecido como escacho.
Baixo a forma andoriña do mar designa dúas aves mariñas [12]:
Anduriño é tamén nome dun peixe que o Padre Sobreira describe como Pez pequeño; de forma y color de trucha, y de igual o mejor gusto, con manchas doradas: carne blanca. Vienen por Marzo; en Abril son raros: en años secos son más abundantes. Parecen ser los escalos de Ponte Aréas, y son los reos del Avia.
Tamén di Sobreira que co adxectivo anduriño se designa en Ribadavia a persoa que anda lixeira e que aguanta moito. Eladio Rodríguez González aumenta o significado a quen é rápido ó camiñar, traballar, decidirse e mesmo que fala rapidamente.
↑E. Losada, J. Castro e E. Niño: Nomenclatura vernácula da flora vascular galega (1992).
↑"Comidas as andoriñas aguzan moito a vista, para o cal tamén serve a cinza das andoriñas" (Dioscórides).
↑Xosé Ramón Mariño Ferro recolle así as teorías expostas por Aristóteles: "Polo que atinxe ós polos da andoriña, se, cando son aínda novos, lles pica un os ollos, os referidos polos despois sandan e ven" e Plinio o Vello: "A andoriña amosóuno-lo poder curativo para a vista da celidonia ó tratar con esta planta a inflamación dos ollos dos seus pequenos".
↑Bernardo Acevedo y Huelves e Marcelino Fernández y Fernández: Vocabulario del bable de occidente, Madrid, 1932. Citado polo Diccionario de Diccionarios.
↑A denominación está motivada pola semellanza coa andoriña común. Ríos Panisse (1983).
↑ 13,013,1Eladio Rodríguez González, s. v. anduriña. No orixinal: arrentes.
QUINTÍA PEREIRA, Rafael: "As sagradas anduriñas", en Nós, a Xente do Redor", nº 5, 2021, 34-35.
RÍOS PANISSE, María do Carmo: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. II. Mamíferos, aves y algas, Verba anexo 19, Universidade de Santiago 1983.
RISCO, Vicente: "Etnografía: cultura espiritual", en Historia de Galiza Tomo I (Dirixido por Ramón OTERO PEDRAYO). Ed. Nós, Bos Aires 1962 (reed. Akal, Madrid 1979).