A 22.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 24 de marzo de 1949 en The Academy Theatre dos Ánxeles. O mestre de cerimonias foi Robert Montgomery. A cerimonia trasladouse do Shrine Auditorium ao propio teatro da Academia, sobre todo porque os principais estudios de Hollywood retiraran o seu apoio financeiro para facer fronte aos rumores de que intentaban influír nos votantes.[1]
Foi a primeira ocasión na que se considerou o mellor filme un producido fóra de Hollywood e tamén a primeira vez que un actor (Laurence Olivier) gaña o Oscar por dirixirse a si mesmo. Jane Wyman foi a primeira intérprete dende a era do cinema mudo que gañou un Óscar por unha actuación sen diálogos.[2]John Huston dirixiu os dous filmes que polos que recibiron o Óscar os actores secundarios: o seu pai, Walter Huston, en The Treasure of the Sierra Madre, e Claire Trevor en Key Largo.
Premios
Os gañadores aparecen en primeiro lugar e en grosas.[3]