A primeira aparición de Woody Woodpecker foi na curtametraxe de Andy PandaKnock Knock, o 25 de novembro de 1940, o éxito deste tolo paxaro fixo que protagonizase a súa propia serie de curtas, a primeira das cales se chamaría coma o personaxe, Woody Woodpecker, o 7 de xuño de 1941. As curtas de Woody Woodpecker emitiríanse nos cinemas na década de 1970, cando se deixarían de estrear novas curtametraxes protagonizadas polo personaxe, se ben desde os anos 1950 moitas curtas serían reemitidas na televisión, no Show de Woody Woodpecker, e nos anos 1990 o personaxe protagonizaría unha nova serie televisiva. A frase máis característica deste tolo personaxe era Guess Who? (Adiviña quen), e repetíaa ao comezo de cada curta, seguida da súa inconfundible gargallada.