Écoust-Saint-Mein localízase a 16.1 km ao sueste da cidade de Arras na conxunción das estradas D956 e D5, limita ao nordés con Bullecourt, ao sueste con Noreuil, ao sur con Vaulx-Vraucourt, suroeste con Mory, o oeste con Saint-Léger e ao noroeste con Croisilles.
Toponimia
A orixe do topónimo é Écoust, ou mesmo Éscoult ou Écout, que designa un lugar onde medran os carballos, en flamengo occidentaléke, e do santo bretón de orixe galesa Meven, evanxelizador da Bretaña no século VI[1]. Durante a Revolución Francesa, o concello levou o nome de Écoust-Lougastre[2].
Historia
Durante a primeira guerra mundial, Écoust-Saint-Mein estaba en plena liña Hindenburg na zona ocupada polos alemáns, que evacuaron á poboación. Minouse a torre da igrexa que serviu de referencia para os artilleiros. Liberada polos aliados en 1917 no decurso da batalla de Arras os alemáns reconquistárona en marzo de 1918 e finalmente, os aliados liberárona o 1 de setembro de 1918[3].
Poboación
En 2018 o concello contaba cunha poboación legal de 493 habitantes[4], o que supón unha diminución do 2,38 % en relación a 2013 (Paso de Calais : +0,1 %, Francia : +2,36 %).
A poboación de Écoust-Saint-Mein é relativamente nova. En 2007, a poboación repartíase do seguinte xeito:
48,4 % homes (0 a 14 anos = 22,2 %, 15 a 29 anos = 13 %, 30 a 44 anos = 28,3 %, 45 a 59 anos = 19,1 %, máis de 60 anos = 17,3 %) ;
51,6 % mulleres (0 a 14 anos = 21,2 %, 15 a 29 anos = 13,9 %, 30 a 44 ans = 22,9 %, 45 a 59 ans = 18 %, máis de 60 anos = 24 %).
Evolución histórica da poboación
Serie de poboación histórica de Écoust-Saint-Mein
Ano
1793
1851
1901
1926
1962
1968
1975
1982
1990
1999
2006
2019
Poboación
834
995
744
543
460
466
453
468
443
429
475
493
Dende o ano 1962: Non hai dobre contaxe—os residentes de comunas múltiples (p.ex. estudantes e persoal militar) só se contabilizan unha vez.
Vivenda
En 2017 había 198 vivendas, 183 eran a residencia habitual da familia, 2 segundas residencias e 13 estaban deshabitadas. Todas as 198 vivendas eran casas. Das 183 residencias habituais, 168 estaban ocupadas polos seus propietarios e 15 por rendeiros; 1 tiña unha peza, 6 dúas, 23 tiñan tres, 33 catro e 120 cinco ou máis. 151 dispuñan cando menos dunha praza de estacionamento. En 66 vivendas había un automóbil e en 105 había dous ou máis[5].
Economía
En 2017 a poboación en idade de traballar era de 303 persones, con 234 activos e 69 inactivos. Das 234 persones actives 223 estaven ocupades (115 homes e 109 mulleres) i 11 estaban en paro (5 homes e 6 mulleres). Só 26 persoas traballaban no propio concello de residencia[5].
Ingresos
En 2018 había 179 unidades fiscais que itegraban 469 persoas e a media de ingresos fiscais por persoa era de 21 890€ [5].
Actividades económicas
Dos 20 establecementos que había en 2018, 4 eran de industrias manufactureiras, 4 de construción, 7 de comercio e restauración, 2 de actividades especializadas, 1 da administración pública e 2 clasificada como outras actividades de servizos [5].
Equipamentos escolares e culturais
No concello hai unha escola integrada nunha agrupación pedagóxica intermunicipal cos concellos veciños de Bullecourt e Noreuil. A escola de Écouts leva o nome do heroe da resistencia francesa Jean Moulin e conta con dúas clases: unha maternal para os máis novos (2 a 4 anos) e outra maternal/primaria para os comprendidos na sección grande da maternal (5 anos) e os do curso preparatorio (6 anos) xa de primaria[6].
O concello conta cunha biblioteca municipal á beira da escola con 1800 volumes propios e mais con outros 1000 prestados pola Mediateca de Arras, que se anovan ao 50% cada 6 meses[7].
Sitios e monumentos
A igrexa de Écoust-Saint-Mein, dedicada a san Meven, data de 1545 e construíuse en estilo gótico flamíxero. Restaurouse logo de caer un raio o 26 de xullo de 1623 e causar algúns danos materiais. Vendeuse Revolución Francesa e demoleuse en parte para quedar tan só a torre e as paredes laterais. Reconstruíuse en 1822 pero de novo quedou derruída durante a primeira guerra mundial e de novo reedificouse na década de 1920 mais a falta de fondos non permitiu completar a maior parte das esculturas dos nichos.[8].
Cemiterios
Ademais do cemiterio municipal no concello hai catro cemiterios militares con sepulturas de soldados falecidos durante a primeira guerra mundial:
Ecoust-St. Mein British Cemetery, en orixe unha continuación do camposanto alemán, desaparecido, dentro do cemiterio municipal. Contén 151 tumbas, incluíndo 8 sen identificar. Comisionado pola Imperial War Graves Commision o cemiterio deseñouno William Harrison Cowlishaw[9].
Ecoust Military Cemetery, os británicos tras a toma de Écoust en abril de 1917 soterraron os seus mortos fóra do cemiterio municipal e elixiron un terreo situado ao longo da antiga vía férrea. Logo da conquista do lugar polos alemáns tamén eles o utilizaron para os seus mortos. Tras o armisticio leváronse aquí as tumbas de soldados que estaban fóra do cemiterio, principalmente do 1º e 2º batallón do Rexemento de Staffordshire. Contén 156 sepulturas de militares da Commonwealth e 71 alemáns. En total 85 están identificados[10], sendo 78 da Commonwealth e 7 alemáns.
H.A.C. Cemetery, situado a 800 metros ao sur do centro do concello. A orixe do cemiterio está no soterramento dos 27 caídos en combate entre o 31 de marzo e o 1 de abril de 1917 do 2º batallón da Honourable Artillery Company durante a captura do lugar. Tras un cotraataque alemán a mediados de abril cavaron sepulcros para 12 soldados australianos da 4ª división. Logo da súa conquista polos alemáns os británicos recuperárono e levantáronse outras 120 tumbas entre agosto e setembro de 1918. Despois do armisticio trasladáronse aquí os corpos de soldados alemáns e da Commenwealth soterrados en campos de batalla próximos e doutros pequenos cemiterios da contorna ata totalizar case 2000 tumbas, a maioría de alemáns e 176 australianos[11], con 830 mortos identificados[12].
L'Homme Mort British Cemetery, situado no extremo oeste do concello na aldea de L'Homme Mort que foi zona de combates en agosto de 1918 e os mortos soterráronse no lugar. Logo do armisticio engadíronse os caídos nos campos de batalla próximos. Alberga 166 seculcros, 64 identificados[13], 36 das tumbas son de soldados da Forza Expedicionaria de Nova Zelandia[14].
Heráldica
A brasonaxe do escudo do concello é de azur, a tres mans destras apalmadas de arxento, a fileira de ouro[15]. Adoptouse no ano 1984 e a diferenza dunha boa parte dos escudos de concellos franceses, non se inspirou nunha familia local senón que o símbolo do santo titular da igrexa, unha man[16], que aparecía como armas falantes nunha vidreira so século XVII, destruída en 1793 co resto das vidreiras que decoraban o edificio[17].
Cultura popular
O filme 1917, realizado Sam Mendes, desenvólvese en Écoust-Saint-Mein e na súa contorna. A vila amósase destruída completamente e en chamas. Así e todo, o director modificou con criterio artístico a xeografía e topografía local para situar o lugar na beira dun río con rápidos e unha fervenza. Tamén leva o nome da localidade un dos temas da banda orixinal do filme[18].
Notas
↑Peter Bartrum (1993). A Welsh Classical Dictionary: People in History and Legend up to about A.D. 1000. Aberystwyth: National Library of Wales. pp. 548–549.
↑Paul Roger (1844). Typ. de Duval et Herment, ed. Bibliothèque historique, monumentale, ecclésiastique et littéraire de la Picardie et de l'Artois. p. 303.