1917 é un filme británico-estadounidense de 2019 dirixido, co-escrito e producido por Sam Mendes. Está protagonizado por George MacKay e Dean-Charles Chapman, xunto con Mark Strong, Andrew Scott, Richard Madden, Claire Duburcq, Colin Firth e Benedict Cumberbatch. Baséase en parte das historias contadas a Mendes polo seu avó paterno, Alfred Mendes.[6] O filme conta a historia de dous mozos soldados británicos durante a primeira guerra mundial que teñen por misión entregar unha mensaxe para evitar un ataque despois da retirada alemá da Liña Hindenburg durante a Operación Alberich en 1917. Esta mensaxe é especialmente importante para un dos soldados, cuxo irmán forma parte do ataque inminente.
O proxecto foi anunciado oficialmente anunciado en xuño de 2018, asinando MacKay e Chapman en outubro e o resto do elenco o mes de marzo seguinte. A rodaxe produciuse dende abril até xuño de 2019 no Reino Unido, co fotógrafo Roger Deakins e o editor Lee Smith empregando tomas longas para simular que o filme enteiro foi rodado en dúas tomas continuas.[7][8][9]
1917 estreouse e Londres o 4 de decembro de 2019 e nos cinemas dos Estados Unidos o 25 de decembro a través de Universal Pictures, e no Reino Unido o 10 de xaneiro de 2020 a través de Entertainment One. O filme recibiu a aclamación da crítica pola dirección de Mendes, as interpretacións, a fotografía, a banda sonora, a edición, a mestura do son e o seu realismo. Entre os seus premios, o filme recibiu dez nomeamentos na 92ª edición dos Óscar, incluíndo as categorías de mellor filme e mellor director, gañando finalmente tres premios, incluíndo o de mellor fotografía.
Estreouse en galego o 21 de xuño de 2022 a través da TVG.[10] Foi traducido por Manuel Arca Castro e a directora de dobraxe foi Charo Pena.[11]
Personaxes
- Voz en galego de Nacho Castaño.[11]
- Voz en galego de Dami Lema.[11]
- Voz en galego de Antón Rubal.[11]
- Voz en galego de César Cambeiro.[11]
- Chris Walley como Soldado Bullen
- Nabhaan Rizwan como Sepoy Jondalar
- Michael Cornelius como Soldado Cornelius
Notas
- ↑ "1917". British Board of Film Classification. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2019. Consultado o 22 de decembro de 2019.
- ↑ Siegel, Tatiana (26 de decembro de 2019). The Hollywood Reporter, ed. "Making of '1917': How Sam Mendes Filmed a "Ticking Clock Thriller"". Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2019. Consultado o 26 de decembro de 2019.
- ↑ Lang, Brent (10 de xaneiro de 2020). "Box Office: 1917 Picks Up Impressive $3.2 Million in Previews, Kristen Stewart's Underwater Bombing". Variety. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2020. Consultado o 12 de xaneiro de 2020.
- ↑ IMDb (ed.). "1917 (2019)". Box Office Mojo. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2019. Consultado o 28 de marzo de 2020.
- ↑ "1917 (2019) - Financial Information". The Numbers. Nash Information Services, LLC. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2019. Consultado o 17 de marzo de 2020.
- ↑ Simon, Scott (21 de decembro de 2019). "It Was Part Of Me": Director Sam Mendes On The Family History In '1917'". www.ktep.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2019. Consultado o 25 de decembro de 2019.
- ↑ Libbey, Dirk (15 de xaneiro de 2020). CinemaBlend, ed. "Why 1917 Director Sam Mendes Broke The One Shot Format For That Scene" (en inglés). Portland, Oregón. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2020. Consultado o 11 de febreiro de 2020.
- ↑ Sims, David (3 de xaneiro de 2020). "1917 Is a Visual Feat and a Bad Movie". The Atlantic. Arquivado dende o orixinal o 3 de xaneiro de 2020. Consultado o 11 de febreiro de 2020.
- ↑ Hertz, Barry (26 de decembro de 2019). "Let's talk about 1917's 'one-shot' conceit, and the line between gimmick and greatness". Globe and Mail (en inglés). Toronto. Arquivado dende o orixinal o 1 de xaneiro de 2020. Consultado o 11 de febreiro de 2020.
- ↑ @manuelarcatrad, ed. (19 de xuño de 2022). "Programación da TVG. 1917 en galego". Consultado o 21 de xuño de 2022.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 @Cinemarfilms, ed. (21 de xuño de 2022). "Dobraxe de 1917 por Cinemar Films". Consultado o 22 de xuño de 2022.
Véxase tamén
Ligazóns externas