Área de Radiodifusión Europea

Mapa que mostra a Zona de Radiodifusión Europea en vermello

A Área de Radiodifusión Europea está definida pola Unión Internacional de Telecomunicacións como:

A "Área de Radiodifusión Europea" está limitada ao oeste polo límite occidental da Rexión 1, ao leste polo meridiano 40° Este respecto ao de Greenwich e ao sur polo paralelo 30° Norte que inclúe pártea norte de Arabia Saudita e a parte dos países que bordean co mediterráneo dentro destes límites. Adicionalmente, Armenia, Acerbaixán, Xeorxia e as partes dos territorios de Iraq, Xordania, República Árabe Siria, Turquía e Ucraína situadas fóra dos límites arriba están incluídos na Área de Radiodifusión Europea.[1][2]

A área de Radiodifusión Europea inclúe territorio fóra de Europa e exclúe territorio que é parte de Europa. O Kazaxistán Occidental está parcialmente localizado en Europa, pero está fóra da Área de Radiodifusión Europea.

Os límites da Área de Radiodifusión Europea teñen a súa orixe nas rexións atendidas e unidas por cables de telégrafo nos séculos XIX e principios do XX. A área de Radiodifusión Europea é parte da definición de elixibilidade como membro activo da Unión Europea de Radiodifusión e polo tanto, da participación no Festival da Canción de Eurovisión.

Notas

  1. The “European Broadcasting Area” is bounded on the west by the western boundary of Region 1, on the east by the meridian 40° East of Greenwich and on the south by the parallel 30° North so as to include the northern part of Saudi Arabia and that part of those countries bordering the Mediterranean within these limits. In addition, Armenia, Azerbaijan, Georgia and those parts of the territories of Iraq, Jordan, Syrian Arab Republic, Turkey and Ukraine lying outside the above limits are included in the European Broadcasting Area.
  2. "ITU-R Radio Regulations (2012)" (PDF). ITU (en inglés). 2014. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de agosto de 2013. Consultado o 16 de febreiro. Regulamento de Radiocomunicacións da Unión Internacional de Telecomunicacións 

Véxase tamén

Outros artigos