Ŋ

O eng ou engma ( Ŋ, ŋ ) é unha letra suplementaria do alfabeto latino, empregada para representar unha consoante velar nasal.

Historia

Texto en gamilaraay de 1856, que emprega un G xirado para substituír o ŋ.

No Fyrsta Málfræðiritgerðin,[1] tratado do século XII sobre a fonética do antigo nórdico e do antigo islandés emprega o carácter g para representar o son n velar. Xa en 1619 Alexander Gill “o Vello” utiliza un n minúsculo cun gancho semellante ao do g no seu libro Logonomia Anglica.[2] No caso da letra maiúscula emprega G cun trazo. Desde entón, lingüistas coma William Holder ou Benjamin Franklin continuaron a empregar o símbolo para representar ese fonema.

Os antigos impresores, que non dispoñían do símbolo adoitaban empregar un G maiúsculo rotado ou ben a letra grega eta ( ƞ ).

Uso

Notas

  1. Reprodución dixital en Old Norse etexts.
  2. Crystal, David (2003). The Cambridge Encyclopedia of the English Language. 
  3. Universidade de Santiago de Compostela, Instituto da Lingua Galega (ed.). "Dicionario de pronuncia da lingua galega". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2018. Consultado o 01 de febreiro de 2014. 
  4. "African Alphabet Reference". Consultado o 1 de febreiro de 2014. 
  5. LLACAN (ed.). "Systèmes alphabétiques des langues africaines". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2018. Consultado o 1 de febreiro de 2014. 
  6. Omniglot (ed.). "O’odham". Consultado o 1 de febreiro de 2014. 
  7. Omniglot (ed.). "Sámi Languages". Consultado o 1 de febreiro de 2014. 
  8. Omniglot (ed.). "Yolngu". Consultado o 1 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas