Ángel Santos Rodríguez

Modelo:BiografíaÁngel Santos Rodríguez
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Flariz, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata

Los de la sierra: 7746

Ángel Santos Rodríguez, coñecido como Antonio de Verín, nado en Flariz (Monterrei), foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

Membro da Federación de Guerrillas de León-Galicia onde foi compañeiro dos irmáns Manuel e Jesús Girón Bazán, de Hilario Álvarez Méndez e de Eduviges Orozco Palacín. Acompañou a Samuel Mayo Méndez, Benigno Fraga Pita e José María Saavedra Díaz cando viñeron a Ourense en agosto de 1946. O 27 de outubro de 1947 oito gardas civís rodearon a vivenda de Amadeo Domínguez e Pilar Suárez en Florderrei Vello onde estaba agochado co seu compañeiro Francisco Peña. No asalto resultaron mortos Francisco Peña e o garda civil Miguel Álvarez Barreira, de Arzádegos, e Ángel Santos puido fuxir ferido. Acompañou a Samuel Mayo á reunión con dirixentes da I Agrupación na zona de Valdeorras en maio de 1949. Alí pérdese a súa pista.

Véxase tamén

Bibliografía