A diferenza da África Oriental Italiana, non era unha entidade administrativa, senón que indicaba simplemente a administración italiana nos territorios norteafricanos controlados por este país.
Historia
Nunha primeira fase, tras a guerra italo-turca de 1911, os territorios conquistados ao imperio Otomán foron organizados nas dúas colonias da Tripolitania italiana e a Cirenaica italiana. Ambas as colonias foron reunidas en 1934 nun único goberno, o da Libia italiana. Finalmente, en 1939, Mussolini uniu as catro provincias costeiras de Libia ao territorio metropolitano italiano, costituíndo así a chamada "Quarta Sponda" (cuarta parte) italiana, máis alá das tres da península. Isto marcaría o límite sur de Italia. O máximo soño musoliniano foi gañar a "Quinta Sponda" no Adriático, coa provincia de Liubliana, a gobernación de Dalmacia, a ocupación italiana de Montenegro e a Albania italiana.[1]
De 1940 a 1943 Italia intentou ampliar a ASI conquistando Exipto e Tunisia. De feito, o progreso militar do Eixe, ao mando de Erwin Rommel, permitiu aos italianos reclamar partes significativas do Exipto occidental.
Porén, as tropas italianas non entraron en Tunisia até novembro de 1942 cando, coa axuda da tropas alemás de Rommel, substituíron a administración colonial do réxime de Vichy. Tunisia foi engadida administrativamente á "Quarta Sponda" italiana.[3]
A administración italiana no Norte de África acabou o 13 de maio de 1943, coa rendición das forzas armadas italo-alemás en Tunisia. Tunisia foi o último territorio administrado de facto polos italianos até a súa ocupación completa polas forzas estadounidenses e británicas. En maio de 1943 os aliados, vencedores da campaña de Tunisia, devolveron todo o territorio a Francia, cuxas autoridades coloniais pecharon todas as escolas e os xornais italianos.[4]
Colonias e territorios da África Setentrional Italiana
Desde o fin da guerra italo-turca até 1934 a ASI estaba constituída pola Tripolitania italiana e a Cirenaica italiana. En 1934 as dúas colonias foron reunidas na Libia italiana, dividida en 1937 en catro provincias. En 1939 as catro provincias costeiras foron unidas ao territorio metropolitano italiano, mentres que o Territorio Militar do Sur permaneceu baixo o control das forzas armadas italianas.
Knox, MacGregor (1986): Mussolini Unleashed, 1939-1941: Politics and Strategy in Fascist Italy's Last War. Cambridge, UK: Cambridge University Press. ISBN 0-5213-3835-2.
Watson, Bruce Allen (1999): Exit Rommel: The Tunisian Campaign, 1942-43. Mechanisburg, Pensilvania, USA: Stackpole Books. ISBN 978-0- 8117-3381-6.