Zeugopterus regius é unha especie de peixe osteíctio da orde dos pleuronectiformes e familia dos escoftálmidos.[1][2]
Taxonomía
A especie foi descrita por primeira vez en 1788 polo naturalista francés Pierre Joseph Bonnaterre, baixo o nome de Pleuronectes regius.
Ademais de por este nome, a especie foi coñecida tamén co sinónimo Phrynorhombus regius (Bonnaterre, 1788).[1]
Características
As principais características morfolóxicas desta especie son:[3]
[4]
- Corpo ovalado, deprimido e alongado, de até os 20 cm de lonxitude total.
- Boca terminal, ampla, e coa mandíbula inferior prominente.
- Os ollos, situados á esquerda, son grandes e están moi xuntos, separados por unha protuberancia ósea.
- A liña lateral preséntase en ambas as caras.
- A aleta dorsal comeza por diante dos ollos, e o seu primeiro raio é o máis longo de todos. A aleta caudal é arredondada.
- A cara ocular é de cor parda avermellada, con manchas de distintas tonalidadss, tamén presentes nas aletas. A súa coloración pode mimetizarse coa dos fondos onde repousa.
Hábitat e distribución
- Hábitat
É unha especie bentónica que vive sobre fondoss areosos e limosos, onde se enterra. O individuos xuvenís son máis costeiros que os adultos, que poden chegar aos 300 m de profundidade.
- Distribución xeográfica
Encóntrase nas costas do Atlántico nororiental (desde as illas Británicas até Marrocos), e no Mediterráneo occidental até o mar Adriático.[3]
Bioloxía
- Nutrición
Aliméntase vermes e crustáceos.
- Reprodución
Ten lugar durante a primavera no Mediterráneo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos
Ligazóns externas