Ynys Môn (inglés: Anglesey) é unha illa e condado de Gales, Gran Bretaña. Situada no oeste de Gales, separada de terra firme polo estreito de Menai, dúas pontes conéctana co resto de Gales. A capital é Llangefni e Holyhead a vila máis poboada (situada na illa de Holy Land). O condado ten 66.829 habitantes e 715 km². Anglesey é a illa máis grande de Gales e a a sétima máis grande das Illas Británicas, Anglesey é tamén a illa máis grande do Mar de Irlanda por superficie, e a segunda illa máis poboada (logo da Illa de Man).[1] A poboación no censo de 2011 era de 69.751 habitantes.[2]
Nome
"Anglesey" derívase da Lingua nórdica antiga, orixinalmente Ǫngullsey "Illa Garfo"[3] ou Ǫnglisey "Illa de Ǫngli".[3][4]
Historia
Posteriormente invadírona os viquingos, saxóns e normandos. No século XIII Eduardo I de Inglaterra conquistou Anglesey.
Hai numerosos monumentos megalíticos e menhires en Anglesey, dando testemuño da presenza dos seres humanos xa na prehistoria.
Historicamente, Anglesey asociouse durante moito tempo cos druídas. No ano 60 d.C. o xeneral romano Gaio Suetonio Paulino decidiu acabar co poder dos druídas e atacou a illa, destruíndo o santuario e as lubres (arboredas sagradas). As noticias da revolta de Boudica alcanzáronlle xusto logo da súa vitoria, facéndolle retirar a súa armada antes de consolidar a súa conquista. A illa foi finalmente incluída no Imperio romano polo gobernador Cneo Xulo Agricola no ano 78 d.C. Os romanos chamaron á illa Mona.
Môn é o nome galés para Anglesey. Provén do británico enisis mona, aparecendo por primeira vez durante a éra romana como 'Mona'. É Mona para Tácito (Ann. xiv. 29, Agr. xiv. 18), Plinio o Vello (iv. 16) e Dión Casio (62). Chámaselle Môn Mam Cymru (Môn, Nai de Gales) por Giraldus Cambrensis, pola afirmada capacidade da fértil terra para producir suficiente comida para toda Gales. Realmente, a afirmación estaba probablemente máis dirixida a unha capacidade para manter a Gwynedd. Clas Merddin e Y fêl Ynys (Illa Mel) son outros nomes. De acordo coas Tríades (67), Anglesey foi nun principio parte do continente. Quedan 28 crónlechs na meseta con vistas ao mar; por exemplo a Plâs Newydd. Os druídas foron atacados no ano 61 por Suetonio Paulino e outra vez no 78 por Agrícola. A actual estrada que discorre desde Holyhead ata Llanfairpwllgwyngyll podería ser nas súas orixes unha calzada romana.[5] A illa foi agrupada por Tolomeo con Irlanda ("Hibernia") no canto de con Gran Bretaña ("Albion").[6]
Ao final do período romano, finais do século IV e principios do século V, os piratas de Irlanda colonizaron Anglesey e a próxima península de Llŷn (Llŷn en galés). En resposta, un xefe militar británico do norte de Gran Bretaña chamado Cunedda dirixiuse á zona e comezou o proceso de expulsar aos irlandeses. Este proceso foi continuado polo seu fillo Einion Yrth ap Cunedda e o seu neto Cadwallon Lawhir ata que os últimos irlandeses foron derrotados na batalla do ano 470. Como illa, Môn tiña unha boa posición defensiva, e por isto foi a sede da corte ou Llys dos reis e príncipes de Gwynedd en Aberffraw. Agás dun saqueo devastador Danés no ano 853, continuou coa súa situación ata o século XIII, cando as melloras nos navíos ingleses fixérona indefendible.
Logo dos irlandeses, a illa foi invadida por viquingos, saxóns e normandos antes de caer ante o rei Eduardo I de Inglaterra, no século XIII.
Notas
- ↑ C.Michael Hogan. 2011. Irish Sea. eds P. Saundry and C. Cleveland. Encyclopedia of Earth. National Council for Science and the Environment. Washington DC
- ↑ "Local Authority population 2011". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2016. Consultado o 18 de maio de 2015.
- ↑ 3,0 3,1 Lena Peterson, et al. Nordiskt runnamnslexikon Arquivado 26 de abril de 2012 en Wayback Machine. (Dictionary of Names from Runic Inscriptions), p. 116, maio 2001. Accessed 6 de xuño de 2012.
- ↑ Room, Adrian. Placenames of the World, p. 30. McFarland, 2003. Accessed 6 de febreiro de 2013.
- ↑ Chisholm, Hugh (1910). The Encyclopædia Britannica: A Dictionary of Arts, Sciences, Literature and General Information. Encyclopædia Britannica Company. p. 18.
- ↑ Ptolemy. Geog. Bk. 2, Ch. 1 & 2.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas