Yan Abramovich Frenkel (en ruso Ян Абрамович Френкель), nado en Kíiv o 21 de novembro de 1920 e finado en Riga o 25 de agosto de 1989, foi un compositor e intérprete soviético de orixe xudía.[1]
Traxectoria
Frenkel aprendeulle a tocar o violin seu pai, e máis tarde estudouno no Conservatorio de Kíiv con Iakob Magaziner. Durante a segunda guerra mundial marchou evacuado a Orenburg, onde estudou na Orenburg Zenitnoe Uchilishche e tocou o violín na orquestra do cinema Avrora. Despois da guerra viviu en Moscova, onde escribiu arranxos orquestrais e tocou o violín en varios restaurantes da cidade.
Comezou a compoñer cancións na década de 1960, a primeira foi Gody ('Os anos'), con letra de Mark Lisianski. Durante a súa carreira traballou en colaboración con moitos recoñecidos músicos soviéticos, entre eles Mikhael Tanich, Igor Shaferan, Konstantin Vanshenkin e Inna Goff. Grazas a Mark Bernes e a súa canción Zhuravli (con letra de Rasul Gamzatov) fíxose coñecido e Frenkel deu concertos interpretando a súa propia música, e as súas cancións pasaron ao repertorio de moitos intérpretes soviéticos. Tamén apareceu no filme Neulovimye mstiteli, para a que compuxo a música.
Notas
- ↑ Jack Miller Jews in Soviet Culture:Transaction Publishers, 1984, p. 79