Fillo de Justo Moreda Díaz e Pura Pérez Salvatierra, pasou a súa infancia e primeira xuventude en Ribadeo, onde superou un tifo e lugar moi presente na súa obra, protagonizando moitos dos seus cadros.
Ós 17 anos comezou a pintar, e un ano despois deu comezo ós estudos preparatorios para Medicina en Santiago de Compostela. Abandoounos para adicarse de cheo á súa vocación artística. Ante a oposición paterna, viuse obrigado a marchar á Coruña, onde comezou a traballar no Instituto Social da Mariña para manterse.
Desenvolvemento profesional
Continuou a pintar con un grupo de amigos, entre os que se atopaba Maximino Aramburu, licenciado en Belas Artes pola Academia de San Fernando. Na Coruña coñeceu a Lourdes Dans, irmá de Mª Antonia Dans, con quen casa. Lourdes, que estudara arte na escola Massana de Barcelona, especializándose en pintura e esmalte ao fogo, ensiñoulle cerámica e esmalte de xoiería. A primeira exposición, a finais da década de 1960 na Sala da Asociación de Artistas da Coruña, foi conxunta entre ambos, expoñendo Lourdes esmaltes e Xusto colaxes. Abandonou a cerámica e o esmalte trala morte de Lourdes con 37 anos en 1973. Antes dese ano, pasou un período adicado ós coidados da súa muller.
Con posterioridade, Nicolás Fernández García, o seu representante e con quen a comezos da década de 1980 monta a galería de arte 'Arracada' na cidade, foi tamén o seu compañeiro. A galería botou o peche en 1990.
Foi moi coñecido nos círculos culturais galegos.[4] A súa obra artística, onde destaca a obra pictórica, referiuse con preferencia a surrealismo, cubismo e en particular, fauvismo.[2]
Nas décadas de 1980 e 90 tivo grande produción artística. A esta época pertencen os seus retratos, de xeito predominante femininos, asimétricos, coloridos e cheos de paixón. A contraste de cores foi unha constante na súa obra. Na súa etapa de pintura de paisaxes, moitos deles de Ribadeo, pintou con clara influencia fauvista.
Moitos escritores puxeron palabras ou interpretaron ás súas pinturas, de Darío Xohán Cabana a Antón Avilés de Taramancos, pasando por Manuel Lourenzo, Miguel Anxo Fernán-Vello, Xavier Rodríguez Baixeras ou García-Bodaño entre outros. Así, García-Bodaño sinala en relación cos rostros de mulleres, "unhas faces que adoitan ocupar todo o lenzo, mal encadradas adrede, coa parte superior da cabeza ás veces cortada polos lindeiros do cadro, o que induce a prestar unha maior atención á superficie visualizada".[5] En xeral, de estilo colorista, ofreceu unha visión poética e desenfadada do mundo feminino.[6]
1989. -Exposición Unión-Fenosa.Estación Marítima. A Coruña[16]
1991.-Homenaxe a Laxeiro. Galería de Arte Citania. Santiago[16]
Catálogos de exposicións
Pinturas de Ribadeo. Concello de Ribadeo, 1995
Óleos y alfarería. Delegación Municipal de Cultura, Concello de Ribadeo, 2002
Murais Xunta de Galicia
Pó de Ouro, IES Eusebio da Guarda (inicialmente no Colexio Curros Enríquez, mediante convenio coa Xunta de Galicia cun abono de 120 000 pts), A Coruña
A Venus do Espello, C.P. Pontedeume
C.P. Paradela
Menina, C.E.I.P. Plurilingüe A Fraga (As Pontes)
C.P. Vimianzo
C.P. Feira do Monte
Embarazada, Centro de Saúde de Maniños, Fene
Colaboración en libros
Homenaxe a Laxeiro. Escritores e Artistas de Galicia
Homenaxe a González Garcés
Portada en Gran Enciclopedia Galega, T.22
Gan Enciclopedia Galega, T.32
Tradiciones, mitos, creencias y curanderismo en medicina popular de Galicia de Vázquez Gallego
Recoñecementos
En setembro de 2023 recibiu unha homenaxe en Ribadeo por parte da A.C. Francisco Lanza, con exposición, recital poético, táboa redonda e actuación musical.[19][20]
Galería de imaxes
Contorna da capela de San Roque, en Ribadeo, pintado por Xusto Moreda
A fonte dos catro canos, na parte vella de Ribadeo, interpretada por Xusto Moreda
A Virxe de Vilaselán, cos cores da República e a inscrición 'oración dun ateo', en referencia a si mesmo de Xusto Moreda
Unha vista típica en Vilaselán, Ribadeo, a vella chumbeira, ós ollos de Xusto Moreda
↑Álvaro Caruncho, Alfonso Costa, Xusto Moreda, Alejandro G. Pascual, Agustín Pérez Bellas: del 8 al 30 de agosto, 1981: Parador Nacional de Ribadeo / [textos, Gabriel Plaza Molina, Fernando Mon, José de Castro Arines]
↑Mencer : [exposición], Sala Municipal de Exposiciones, Estación Marítima, A Coruña, octubre 1988 / [texto, Ánxel Vázquez de la Cruz ; coordinación, Mª Luisa Vázquez, María Cabrera]