Xuntanza Nazonalista Galega d'Habana

Xuntanza Nazonalista Galega d'Habana
Tipoorganización
Data de fundación20 de xuño de 1920
Data de disolución1925
SedeA Habana
PaísCuba
editar datos en Wikidata ]

A Xuntanza Nazonalista Galega d'Habana foi un grupo político galeguista creado na Habana en 1920.

Historia

Nós, 1921, A Habana.

Creouse o 20 de xuño de 1920 por Fuco Gómez, Andrés Rodríguez Orjales, Sinesio Fraga, Tomás Rodríguez Sabio, César Parapar Sueiras e outros mozos nacionalistas de Cuba. Chegou a contar con máis de cen militantes[1] pero carecía de líderes notables. O grupo creou primeiro a revista Nós como órgano periodístico para a difusión das súas ideas e logo Terra Gallega. Desapareceu en 1925.

Notas

  1. Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González (2018) Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte. Vigo: Xerais, p. 299

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos