Durante a Segunda República volveu para Galiza en 1932 co obxectivo de defender o independentismo, mais cun rotundo fracaso, pois os galeguistas considerárono un aventureiro. Tamén se dedicou a recoller palabras e refráns populares. Publicou varios artigos en A Fouce. Regresou a Cuba en 1935.
Colaborou en Cultura Gallega e foi presidente da Institución Galega (Círculo Benéfico Cívico-Social) en 1940. Entre os anos 1941 e 1961 dirixiu a revista mensual Patria Galega. Fuco Gómez publicou case medio cento de obras.