Sinesio Fraga Vila, nado en Ortigueira o 31 de marzo de 1891, foi un músico, compositor e escritor galego.
Traxectoria
Chegou a Cuba sendo mozo e realizou estudos de música na Habana. Formou parte da Banda de Música do Estado Maior de Exército. Militou na Xuntanza Nazonalista Galega d'Habana e foi redactor da revista Nós (1921) e dirixiu o periódico Terra Gallega xunto con Fuco Gómez. Compuxo pezas musicais de éxito como "Sonatas de Suevia". Colaborou en Eco de Galicia, Galicia, España Nueva, Cultura Gallega e Cultura Hispánica e mantivo a sección Preludios en Heraldo de Galicia.
Obra s
- Teoría Elemental de la Música, 1930.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas