Xulio Xosé Pardellas de Blas, nado en Pontevedra o 9 de abril de 1949, é un economista e político galego.
Traxectoria
Doutor en Economía e profesor do Departamento de Economía Aplicada na Universidade de Vigo. As súas liñas de investigación oriéntanse ao desenvolvemento local e á economía do turismo. Foi director do Centro de Información Pesqueira e Marisqueira da Consellería de Pesca e asesor da FAO. Foi deputado no Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE (1985-1989) e membro da área de Ciencias Mariñas do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.
Obras
- A Emigración, 1978.
- Do marisqueo á acuicultura, 1980.
- A integración europea: un efoque interdisciplinar, 1999.
- El impacto del Prestige 2003.
- Economía básica, 2006.
Obras colectivas
- España e Europa: do franquismo ao euro, 2002.
- A Unión Europea, 2003.
Como director
- Turismo cultural e ambiental, 2003.
- Potencial turístico de territorios periféricos, 2004.
- Turismo religioso: o Camiño de Santiago, 2005.
Véxase tamén
Ligazóns externas