Xosé Manuel Penas Patiño, nado en Santiago de Compostela en 1950, é un ornitólogo, profesor e político galego.
Traxectoria
Diplomado en Maxisterio, estudou interiorismo e empezou a cursar a licenciatura en Bioloxía, carreira que non chegou a rematar.[1]
Foi profesor do Centro Público Integrado dos Dices, Rois, até a súa xubilación,[1] e membro da Plataforma pola defensa do Sar. É especialista en aves.
Na política
Nas eleccións municipais de 1995 foi elixido concelleiro de Rois polo BNG, do que foi o seu voceiro no Concello.[1] Volveu ser elixido concelleiro nas municipais de 1999 e 2003. Nese ano foi elixido alcalde de Rois grazas a un pacto co PSdeG-PSOE. Volveu ser concelleiro até 2010, cando renunciou á súa acta cando se xubilou como docente.[2]
Publicacións
Libros
Artigos en revistas
- 1975 - "Nomes galegos do Erithacus rubecula e do Troglodytes troglodytes". (Con Carlos Pedreira López). Verba. Anuario galego de filoloxía, nº 2, páxs. 295-306.[3]
- 1976 - "Nomes galegos das aves do xénero Streptopelia e Columba". (Con Carlos Pedreira López). Verba: Anuario galego de filoloxía, nº 3, páxs. 347-356.[4]
- 1977 - "Nomes galegos de aves piciformes". (Con Carlos Pedreira López). Verba: Anuario galego de filoloxía, nº 4, páxs. 343-354.[5]
- 1977 - "Lista patrón das aves de Galicia. I", con Xosé Manuel Penas Patiño. Braña. Bol. Soc. Galega Hist. Nat.. Ano 1977. nº 1-2, páxs. 131-142.[6]
- 1978 - "Lista patrón das aves de Galicia. II", con Xosé Manuel Penas Patiño. Braña. Bol. Soc. Galega Hist. Nat.. Ano 1978. nº 2, páxs. 25-36.[7]
- 1980 - "Nomes galegos das aves da familia Fingillidae". (Con Carlos Pedreira López). Verba: Anuario galego de filoloxía, nº 7, páxs. 355-378.[8]
- 1982 - "Os vertebrados da Galiza e o ensino" (Con Carlos Vales Vázquez). O Ensino: revista galega de Sócio-Pedagoxía e Sócio-Lingüística, nº 4, páxs. 19-30.
- 2013 - "Unha plataforma para un Sar con vida". Cerna: Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, nº 70, páxs. 42-43.[9]
- 2014 - "Galicia baixo a terra". (Con Javier Santiago Caamaño e Luís Gómez Aldegunde). Boletín das ciencias, nº 79, páxs. 51-52. Exemplar dedicado ao XXVII Congreso da Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas